COUSAS QUE ME SALVARON A VIDA 5. O tofu. Quen mo ía dicir, unha insipidade como o tofu pode aportar tantas proteinas como un filete empanado. Benvido este descubrimento chino e superestendido en Xapón (case máis que no país de orixe) e que os nipóns consumen semanalmente. De onde carallo procede foi unha incognita para min desde hai ben de tempo, pero despois de pesquisar puiden ver directamente como se elaboraba (kyoto é un deses lugares típicos) e resultou ser leite de solla coagulada e con algún que outro ingrediente máis. Eu, como decidín entrar radicalmente na cultura oriental, adicome a comer a palo seco esta branca e inconsistente "nonseiqué" e realmente podo notar (nada) os bos efectos de comida tan antiséptica. Saber non sabe moito pero bo para a saude échevos moito. Non ten graxa, alto en proteinas e magnesio. Serve para controlar e previr a osteoporosis e tamén o colesterol.
Tendo en conta o prezo da carne por estes lares, "boas son tortas". O mellor, o prezo. Un paquete de 300 gramos, ollo ao dato, desde 25 centimos de euro. Podedes empapelar a parede con el se vos apetece.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario