viernes, 13 de abril de 2007




ELECCIONS. As eleccións en Xapón sonvos outra cousa. Son moito máis domésticas, con homes (non vos hai case mulleres) que pasean pola cidade en bicicleta, coche ou a pé recitando as súas monótonas copliñas. A verdade é que levantan algo de compaixón, eles, en calquer esquina da cidade, acompañados dunhas cantas azafatas ou azafatos, falando ou cantanto en plan karaoke e vendo como a xente, normalmente, pasa diante deles sen facer o menor caso.
Se en España queixámonos da escasa participación que dicir de Xapón. Aquí a xente nen se entera, non sabe de que vai o conto e na maioría da publicidade o único que se reitera é o nome do representante, sen ideias, como se todos fosen o mesmo conto.
O delictivo do asunto son os horarios. Estaba eu no meu décimonono sono cando xa o escoito vir. A caravana electoral aparca na esquina da miña casa a iso das 6, si, 6 da mañá. Me cago ..., eu non sei se o que queren é gañar ou perder electores, pero berreando a intempestivas horas da mañá non creo que de ganen moitos amigos e si uns cantos improperios de resacosos posíbeis electores.

No hay comentarios.: