viernes, 13 de abril de 2007





SAKURA. Chegou de novo a Primavera e semella que en Xapón vai durar pouco. Xa me sorprendera o Outono pola súa brevedade e agora parece que a Primaveira vai ser outro tanto do mesmo, pois pasamos do frio ao calor en apenas dúas ou tres semanas. Será por esta velocidade estacional que as cores asaltan a natureza e as cerdeiras xogan a ser neve e ensinan a súa cor branca que apenas puidemos disfrutar no inverno (este ano tamén en Xapón houbo poucas neves e pode ser que no verán haxa problemas coa auga). Como podedes ver nas fotos o espectáculo é precioso e a xente aproveita para disfrutar da súa romaxe levando a empanada e a tortilla de patacas ao campo, para disfrutar da fertilidade primaveral ao pé da árbore xaponesa por excelencia. As estampas sonvos do máis puro xaponés.

No hay comentarios.: