jueves, 19 de abril de 2007


SOBRE A SOLTERIA DA MULLER XAPONESA. Ultimamente moitas mulleres xaponesas están a cambiar algo o guión e comezan a optar pola soltería. Ás mulleres de máis de 30 anos que non teñen fillors nen marido se lles denomina MAKEINU. MAKEINU significa perdedora e obviamente é algo que xa vén do pasado máis que a sociedade deste páis conserva sen maior alteración. Tampouco podemos pensar que España é tan diferente, pois no noso estado aínda hai ben pouco -se non agora- tamén tiñamos situacións deste tipo. O certo do asunto é que a muller xaponesa deixa-se levar polo ritmo de dan-dan do tambor desta sociedade tan perfeitamente sincronizado cuns roles tan predeterminados. Non axudan as palabras dun dos "ministros" do conservador presidente Shinzo Abe, que a semana pasada atreveuse a decir -tradución literal- que o problema de natalidade de Xapón viña provocado porque a máquina para fabricalos rapaces non traballaba, é dicir, as mulleres son máquinas de facer bebes. Pifias verbales dos políticos hai de todos os tipos pero tan afortunadas como esta haiche poucas, e iso que en Galiza non nos chupamos o dedo no que se refire á prosapia (Baltares, Fragas, e demais caciques vilegos e citadinos). Non teño que matizar que se estas palabras son pronunciadas por algún ministro en España xa terían rodado cabezas, pero en Xapón deben ter o cerumen ben espeso porque non se escoitaron ningunha xenerosa protesta. O esperanzador é que hai un número considerábel de mulleres que non se sinten perdedoras e que deciden levar a súa vida sen ter que depender dun marido, coa súa independencia económica e despreciando todas esas merdadas antidiluvianas. Como non, aquí e en Silleda, o problema de sempre é a COMUNICACIÓN. Se non existe é difícil que se amallen as cousas, e por estes lares haivos ben pouca.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Carallo Iago, a da foto pareceme a min que está solteira porque querer, porque ten boa pinta, tráema un día polo INOX

iago dijo...

PEro gañanazo, ainda segues frecuentando tugurios perturbadores como eses? A ver se nos centramos e vas collendo algunhas vacacions e te ves no Peugeot para Xapon, xa sabes, todo recto via Vladivostok

Anónimo dijo...

Vai facendo sitio que ao chegar a Vladivostok dou un chimpo en entro na teu cuarto con coche estilo 007