viernes, 13 de abril de 2007


VALE QUE NON PINTEN O 69 PERO QUE MAL NOS FIXO O 64? VAI DE NUMEROS. FOI VENRES 13 e aquí a xente pasa de todo. O 13 non di nada, é un numero máis, pero, hai meu homiño como menciones o 4, catro, catro, catro, catro. O catro é o pior numero en Xapón. O catro, con pronunciación "shi" é o número proibido. A súa sonoridade coincide coa morte "shinu" e por iso evitase mencionalo ou mesmo, como en gran número de parkins, edificios ou demais lugares non se chega mesmo a escribir, saltandomos do 3 ao 5.
Eu crin que nunha sociedade tan perfeitamente ordeada e meticulosa como esta, non se andaban con chiquilladas como esta pero aqui sonche piores que na nosa terra. Por exemplo, nunha voda, onde por norma hai que regalar diñeiro, nin se che ocorra regalar unha cantidade con número par, pois iso significaría que os recen casados poden separarse e dividir a suma a partes iguais entre os dous. Asi, é costume regalar 30000 ou 50000 iens, pero nunca nunca 40000, numero par e aínda por riba con reminiscencias do máis alá. Outra é que aos doentes, polo contrario da nosa terra, non se lle poden regalar plantas. Por que? Pois porque a planta significa a unión da terra co vexetal, as raices unen inseparabelmente eses dous elementos o que podería ser confundido como a unión do doente coa cama, como se non puidera sair dela.

Supersticións haivos en todos os lugares.

No hay comentarios.: