VISITA A UNIVERSAL STUDIOS JAPAN. En mala hora os meus amigos convenceronme para ir a lugar de culto ao "american way of life" e a películas que no seu día gozaron de fama, honor e gloria. Xa desde a entrada puiden sentir no meu propio corpo que non ía ser o meu día, xente no tren, xente na ateigada estacíon e máis xente na entrada do lugar. Millentas persoas e todos xuntos facemos un máis que aparvado rebaño de ovellas. No cartaz da foto podedes darvos conta do tonelaxe de humanismo que había, 200 minutos de espera para subirse nunha montaña rusa, 200 minutos!!!!, 3 horas e 20 minutos de espera!!! O paradóxico é que esperamos. Stultorum infinitus numerus. (o número de parvos é infinito).
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario