
NOMES. BONALDY. Xa escrebera no meu anterior blog (www.galegonosolnaciente.blogspot.com ) unha nota referida ao meu amigo Lansakara Herath Mudiyanselage Dhartmaratne Dhanuskkha Nuwan , Dhanuskha para os amigos. Agora tócalle a hora ao meu compañeiro de tazas e viños (gorenta os tintorros e o viño zagarrón español que dá gusto velo, e non o minto, aí na foto o tedes cun viño do Penedés). Podería contar mil historias deste persoeiro pero hoxe só me vou referir ao seu nome, Reagen Bonaldy. O apelido soa a italiano emigrante a Estados Unidos pero o rapaz resulta que é indonesio. Pero o máis curioso do asunto é o mal gosto do seu pai. O homiño, palabras textuais do meu amigo, ten o gusto para os nomes no orto e non se lle ocorreu poñerlle de nome aos seus fillos irmáns: Mimí (nome de cadela), Jimy ( en honor ao antigo presidente americano), Reagen (de Ronald, o otanista derribador de muros de Berlín a base de armas nucleares) e Bill, famoso máis polos seus deslices de oralidade que pola súa dubidosa política. Hai que tocarselos! Pero o pior non queda aí, pois a irmá, casada e residente en Hong Kong tivo a maquiavélica idea de porlle ao seu segundo fillo Bussh, en honor a ese magnífico fillo da gran ...
2 comentarios:
Iago xe vexo que esta´s esforma.mandoche unha carta hoxe e direí a Davis que che faga un correo novo.bico s teu pai xoma@corunamail.com
Pepe Mario. Vaiche chegar un email do hotmail coa solucion ao meu problema. leeo e xa me contaras
Publicar un comentario