


ONDE VAS TUNANTE? Preparámonos para unha noite máis de recreación, partindo o bacallao alá por onde pasamos, sen perder ningunha viaxe, repartindo por todos os lugares onde paramos. As fotos sonvos do mesmo fin de semana, churrando desde as nove da noite dun venres ata as sete da mañá dun domingo.
A crónica da morte anunciada foi a seguinte. Venres. sete da mañá. Acordamos cediño que a quen madruga Deus lle axuda. Almorzamos potente e vamos pedaleando para as clases de xaponés. Cinco horiñas moqueando, xantamos arroz con carne e decoracións. Vou traballar e remato a miña xornada laboral a iso das oito. Fago tempo falando coa secretaria, que se deixa vacilar, e vamos xa directos para o primeiro bar da noite, así, co traxe de faena posto. Conversas, risas, nampa (ou ligoteo, iso de rapaz busca rapaza, jijiji, jajaja, e ti que fas por aquí, lililí, lalalá e esta non perde a viaxe) e paseo cos tres tunantes de bar en bar (escasos nunha noite de venres en Kyoto (primeiro e único erro do fin de semana). Rematamos sabe Deus onde e na cama de quen, os catro zapateados e con poucas ganas de repetir. Pero alá foi, acordamos cediño, tres horas pouco reparadoras de sono son suficientes no país das bebidas enerxéticas (admitimos whisky, ron, cervexa e todo tipo de espirituais entre elas) e saimos facer deporte para quemar toxinas e hidratarnos con algunha cervexa. Mudamos roupas e tomamos ducha. Sete da tarde e reventamos os estomagos cun "tabehodai", comer por cinco euros todas as pizzas que queiras ou podas e sen limite de tempo. Todo, iso sí, ben regado con hidromel e todo o que caía nas nosas mans. O Patrik bebía ata a auga dos floreiros e á velocidade do shinkansen, que vikingo!, so lle faltaba un craneo humano por copa. Compramos nun super caixa de 24 bebidas que non dubidamos en liquidar facendo romeria na ribeira do río Kamo, entre xentes e máis xentes que se recrean co deporte máis estendido en Xapón, o levantamento de vidro. Atopamos novas persoas, perfeitos descoñecidos aos que non dubidamos en unirnos e darlles a lata. Unha hora de karaoke para matar a timidez e directos á discoteca coas luces ben largas e dando bandazos como mad max en persecución. Outra vez, rematamos xa de mañanciña, como unha alborada e sen saber moi ben a que día estamos pero co sorriso posto de orella a orella. Festaca das gordas. (as fotos veñen por orde cronolóxica e obviamente baixo a previa censura do autor).
No hay comentarios.:
Publicar un comentario