miércoles, 6 de junio de 2007




A MIÑA ESCOLA. Non é cuestión de escreber o nome do meu instituto porque non lle quero dar publicidade, pero sen dúbida o mellor da miña experiencia de aprendizaxe do xaponés foi poder coñecer culturas e persoeiros tan diferentes como xentes de Sri Lanka anti tamil, indonesios amantes dos disfraces, das pizzas e das mulleres con kimono, chinos de estetica "revenida" e nacionalistas ata a médula, israelís militares, suecos como o xeo e suecos latinizados, taiwaneses que non sabe de quen vén sendo, China, Taiwan ou San Roque de Coristanco (viva a Festa da Pataca e os atascos gratuitos), americanos cantantes de himno, koreanos alborotadores, .... e no meio de toda esa marea de paises un galego facendo tamén patria e disfrutando da diversidade cultural. Que bonito é o mundo cando somos todos diferentes. Se xa o dicía o xenial e controvertido Vicenter Risco: SER DIFERENTES É SER EXISTENTES (non basta só con ser, hai que ser de outra maneira porque senón non deixaremos a nosa marca neste mundo, a permanencia)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

iago,xa falei con Toño,cando me mandes o novo enderezo xa lle chamo.tobo ben.dixelle que podía comunicarse polo blog ,así que seguro que che mandará algo.bicos teu pai

Anónimo dijo...

Iago,a ver se abres xa un novo correo.mandamosche un paquete para o dia 2.non debes ter tempo para poñerche ó dia.gloria .mario