lunes, 2 de julio de 2007







FESTAS. E xa van dez mil, pero ante a monotania desde o luns ata o venres o fin de semana hai que aproveitar calquer excusa para armala. Esta vez foi a despedida dunha das profesoras da escola, que como marcan as regras do xogo en Xapón, unha vez casada abandona o seu emprego e alá vai, a convertirse nunha sumisa dona do fogar. Para a despedida ocorreusenos poñer o traxe de faena, comprarlle unhas flores e regalarlle uns artefactos para o exercicio onanístico feminino, con iso de casar e o marido estar lonxe do lar, quen sabe, para matar os ratos de soidade. Sorprendémola na entrada do karaoke aparecendo donjuanescos con espadas por diante, a matacaballo ofrecemoslle as flores e sen tempo para dicir nada xa está abrindo os regalos, bebendo máis do bebido e acabando chafullando cancións de Michael Jackson con toda a súa indumentaria.





4 comentarios:

Anónimo dijo...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

Anónimo dijo...

O chapeu non ten prezo, mi madriña

iago brenlla dijo...

O do chapeu é por exceso de visualización de Saturday Night Fever e polo meu paso polo Maritimo cando ti estabas ali de gogo

Anónimo dijo...

hola gueteeeee som o toño xa te mandei algo o novo correo espero q chegara de todas o ro casa no 5 de septembro meu e o tas unese o eqipo d casaus o 24 de maio jajaja q craks alvaro aprobou xa e un home de harry.qeremoste irman.bicos e portate como un galego jejejeje pillaban.