Xa había ben de tempo que non escrebía, mais novas teño bastantes. A miña vida disfrutou de enumerabeis festas e puiden percorrer diversas montañas, estradas, vilas e praias. Comezarei por isto último. Hai xa dous fin de semana puiden gozar do meu segundo día de praia. O certo é que Kyoto non fica moi lonxe do mar, en liña recta a uns 40 km ao sul esta o Mar de Seto, ou o Pacífico, que como o propio nome indica non é moi meneao. Ao norte, en tamén liña recta pero algo máis lonxe polas montañas que hai que atravesar, a uns 70 km está o chamado mar de Xapón. Pois ben, áínda que o mar está moderadamente perto, outra cousa son as praias. Manda carallo que vivindo nunha illa non haxa praias para morrer, é máis, hai que buscalas e a maioría son cantos rodaos ou pequeneiros areais en non moi acolledores lugares. Aproveitando que o "tsuyu" (con esta maldita palabra denominan a sesión de chuvias en Xapón, un tres ou catro semanas de auga a fartar, case sen luz e cunha humidade que co calor crea un "delicioso" efecto sauna, para morrer) dera un descanso fun eu a Springfield, a tomar o baño ao lado da central nuclear. Auga quentiña e preciosos paraxes.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario