DOMINGO CAAMAÑO. Estando eu no aeroporto de Barajas unha das sete horas que tiña que esperar, atopeime con esta estampa, un homiño, no meio dunha gran sala do aeroporto sentado nunha cadeira de oficina (isto só pode ocorrer en España, país da pandereta) e intentando botar unha boa soneca. O primeiro que me chamou a atención foi esa diferencia entre os outros aeroportos que xa coñecía e este. En Seoul, en Kansai, en "franfur", todo tan ordeadiño e aquí unha sensación de estar todo para andar por casa. Pois ben, en frente miña estaba este homiño. Como tiña que esperar sete horas para coller o meu seguinte avión, parepeteime nunha columna e esperei lendo os xornais que o meu pai me comprara. Pero, claro, unha continxencia me veu, xa o perrico asomaba el hocico e pedinlle ao homiño da foto se me podía mirar polas cousas (en Xapón non fai falta, dubido que alguén roube un maletón de 20 kilos sen rodas). De volta, o "arigatou" de turno, graciñas e conversa gratuita en "altavoz" (o fulano era case xordo". Resultou ser un homiño de Caamariñas, emigrado a Argentina hai máis de 40 anos, carpinteiro "dos que fai de todo", vestidor de dous reloxos (contoume tamén esa historia), pai de dúas fillas (unha separada e a outra rexenta unha churrascaría en Buenos Aires co marido). El vive coa muller nas aforas e é dono de varios edificios que el mesmo construiu e que ten alugados, diñeiro non lle falta. Pasou todo o verán en Galiza, coa irmá, e foi nunha desas viaxes organizadas da autocar, con visita a Andorra, Lourdes e volta para Galiza visitando polo camiño tantas e tantas cidades en 3 horas. Falamos de todo, e como vedes, deulle tempo a contarme toda a súa vida, como fixo a súa casa, o sistema de entarimado con mini paneis, etc. Era dos que fala ata debaixo da auga e eu deixaballe porque sempre se pode aprender algo onde un ninguén o espera. Logo cubrinlle os seus impresos (a parte de xordo estaba algo chosquiño). A conversa era para escachar coa risa, o seu acento caamariñan-arxentitno e falando para todo o aeroporto (case me deixa xurdo a min tamén). Deixou perlas da sabedoría popular que me solucionaron un dos meus problemas familiares que levaba da Coruña. Logo falamos dos "putos arxentinos", non se pode confiar neles, sonche uns vividores (detalles e máis detalles e unha conversa para agredecer. Bo home o señor Domingos Caamaño, un saudo.
viernes, 21 de septiembre de 2007
RECORDOS. Tras a miña fugaz visita por Galiza, o recordo máis grande que me levo será quizais a persoa máis pequena que coñecín, un tal Paulo, dono dun bandullo do que aínda agora podo recordar. Un rapaciño que me sorprendeu por ser alguén que comparte algo comigo e coa miña familia. Houbo outras mil e unha cousas, o recibimento no aeroporto de Alvedro, que parecía Bienvenido Mr. Marshall, só faltaba a banda municipal e os foguetes (alí estaban pais, tias, curmáns e amigos, unha emoción).
Logo quedoume tamén a voda dun dos meus, do Ro, casado e ben casado,
Sabía que voltar á terra íame marcar, o que non sabía era que me ía marcar con fogo, pois xa 3 semanas despois e aínda non o podo tirar da cabeza. RECORDOS.
DE ESPARTA A GALIZA. Podedes buscar as oito diferencias entre a minha vida en Galiza e a que levo en Xapon. O recordo mais palpabel da celera visita a minha terra creo que esta ben visibel e resulta ata protuberante. Na foto de arriba a barriga que trouxen, regalo de dona gloria. Pasamos da vida espartano ao desenfreno hedonistico galego, con untos, comidas, cubalibres e demais viandas e licores aos que ninguen se pode resistir. Xa sabedes, quen queira facer dieta que venha a Xapon.
martes, 18 de septiembre de 2007




CHEGAR E MOLLAR... O PADAL. (Ah, as cervexas do verán, ah, os amigos).E xa chegados a Xapón, tras o meu paso por Coruña, entrados en vereda nipona, a benvida foi colofónica. Tras 28 horas de viaxe, tras sair da Coruña e facer escala en Madrid e Seul, cheguei a Kyoto a iso das 12.30 da noite, hora local. Recibo chamada de acollida, "Iagoo, cabronazo, vente rápido ao Karaoke que estamoste todos esperandote". Eu, aínda que morto tras longa viaxe e despois de descubrir que ao abrir a porta da miña casa aquí non estaban nen Gloria nen Mario nen podía sentir a súa presenza, decidin sair na busca dun pouco de amizade e esquecemento. Foronse as penas e sentinme de novo acollido, outras xentes, outras maneiras, pero algo que merece tamén a pena. Ali estaban todos e máis, xa ben cocidiños como o polvo con cachelos, con ese ton vermello do picante. O sueco, subiase polas paredes e máis cando descubriu que lle trouxera unha camiseta do Depor, joé, a festa comezara de novo e alá foi ata as 8 da mañá, un sen parar, veña rianxeira para alí e para alá, veña con esa de "vai o gato metido nun saco" e demais cancións de emigrantes e mariñeiros. Acabamos a noite hedonísticamente, berrando un provocante Vivan as drogas brandas e viva Beba. Se xa o cantaban os nosos antepasados por algo será que forma parte xa da cultura mundial.

ACAMPADA. Non era o piñeiral de Valarés pero polo cartel ben podía selo. A verdade é que nos quedou claro pero como como nen o meu amigo sueco sabe inglés nen as xaponesas que viñan con nós xaponés, nen este servidor entende o español e o galego, pois alá acampamos nós, sen ningún tipo de complexos. Viva os analfabetos, que sen querelo viven as veces con máis liberdade.
A PRAIA. Quizais o mellor de todo deste verán, alén dela, alén del, foi o mar, refrescarse deste ofensivo lorenzo que queima ate na noite. Ir cos amigos a praia foi desde cativo unha das experiencias que máis me gustaron, e sen dúbida en Xapón tamén o foi. Hai certas diferencias entre as praias xaponesas e as galegas e tamén españolas:
1. Nunca hai moita xente.
2. Aparcadoiro e duchas son, por suposto, de pago. Quen leva os cartos? Vive Dios, que igual que en Galiza non cho sei. Creo que a eles tamén lles chaman os "clandestinos". Vive o negocio non declarable, viva a estafa social. En Xapón como nas leiras-parkin de Galiza.
3. Sempre hai instalacións en plan parque de atraccións para facer máis divertido o paso polas praias (tobogáns, trampolíns, illotes artificiais, ...).
4. Quizais o ponto 3 débese a que nas praias xaponesas non vos hai unha misera ondiña do mar, pobre rianxeira. Ondiñas nen veñen nen van.
5. A area normalmente non é algo "endémico" do lugar, importada doutros lares (mesmo de Australia, como o caso da famosa praia de Wakayama, Shirahama). Se escavades un pouco aí ides deixar as uñas, espetadas contra un pelouro.
6. Se non tedes a boa sombra dun piñeiro da praia de Valarés, como falaba o Pondal, en 30 minutos estades camiño do hospital. Certamente ABRASA.
7. Debido ao ponto 6 antes citado, son necesarias chancletas ou calquer tipo de calzado para camiñar calquer distancia superior á que separa unha sombra de outra, nen dez metros aguanta un.
8. Normalmente so hai familias (reducidos os grupos de amigos).
9. Suxo ditas xentes adicanse normalmente a practicar o deporte nacional, a pitanza. Levan barbacoa con todo o material inimaxinable para facer máis profesional a barbacoa de turno. Non faltan extintores.
11. As praias do norte son polo xeral de augas limpas e areas abondosas, o contrario das do sul.
12. E quizais último e máis importante, son, as praias xaponesas, lugares ben fermosos, de lecer, amizade, comida, descanso e deporte. Aí estou eu cos meus.

Xa había ben de tempo que non escribía no blog e varios foron os motivos que mo impediron. O 1º é que estiven 20 días sen ordenador, bon, precisemos, ordenador si que tiña pero o windows vista en xaponés non había por onde collelo así que me tiven que recilar. O 2º motivo é que aínda que cheo de vivencias de verán, non tiña fotos que verificaran as miñas, ás veces, non críbeis historias, así que esperaba con paciencia algunha foto dos amigos. O 3º motivo era de caracter sexual e irreverente, non me saía dos co..óns. E xa que agora, despois da miña fugaz viaxe a terras galegas, reparadas esas tres taras, podereivos relatar un pouquiño máis algo sobre os meus centos de kilometros percorridos en bici, as visitas a praias, bosques deleitosos, florestas de perdición, karaokes e clubs nocturnes lugares certamente similares.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)