DOMINGO CAAMAÑO. Estando eu no aeroporto de Barajas unha das sete horas que tiña que esperar, atopeime con esta estampa, un homiño, no meio dunha gran sala do aeroporto sentado nunha cadeira de oficina (isto só pode ocorrer en España, país da pandereta) e intentando botar unha boa soneca. O primeiro que me chamou a atención foi esa diferencia entre os outros aeroportos que xa coñecía e este. En Seoul, en Kansai, en "franfur", todo tan ordeadiño e aquí unha sensación de estar todo para andar por casa. Pois ben, en frente miña estaba este homiño. Como tiña que esperar sete horas para coller o meu seguinte avión, parepeteime nunha columna e esperei lendo os xornais que o meu pai me comprara. Pero, claro, unha continxencia me veu, xa o perrico asomaba el hocico e pedinlle ao homiño da foto se me podía mirar polas cousas (en Xapón non fai falta, dubido que alguén roube un maletón de 20 kilos sen rodas). De volta, o "arigatou" de turno, graciñas e conversa gratuita en "altavoz" (o fulano era case xordo". Resultou ser un homiño de Caamariñas, emigrado a Argentina hai máis de 40 anos, carpinteiro "dos que fai de todo", vestidor de dous reloxos (contoume tamén esa historia), pai de dúas fillas (unha separada e a outra rexenta unha churrascaría en Buenos Aires co marido). El vive coa muller nas aforas e é dono de varios edificios que el mesmo construiu e que ten alugados, diñeiro non lle falta. Pasou todo o verán en Galiza, coa irmá, e foi nunha desas viaxes organizadas da autocar, con visita a Andorra, Lourdes e volta para Galiza visitando polo camiño tantas e tantas cidades en 3 horas. Falamos de todo, e como vedes, deulle tempo a contarme toda a súa vida, como fixo a súa casa, o sistema de entarimado con mini paneis, etc. Era dos que fala ata debaixo da auga e eu deixaballe porque sempre se pode aprender algo onde un ninguén o espera. Logo cubrinlle os seus impresos (a parte de xordo estaba algo chosquiño). A conversa era para escachar coa risa, o seu acento caamariñan-arxentitno e falando para todo o aeroporto (case me deixa xurdo a min tamén). Deixou perlas da sabedoría popular que me solucionaron un dos meus problemas familiares que levaba da Coruña. Logo falamos dos "putos arxentinos", non se pode confiar neles, sonche uns vividores (detalles e máis detalles e unha conversa para agredecer. Bo home o señor Domingos Caamaño, un saudo.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
2 comentarios:
Ola Iaguete
Sonche o Iván. O meu correo é mandacaralho@hotmail.com ou o institucional imendez@udc.es
Así falamos máis polo miúdo sobre cousas simpáticas (vodas varias e algún que outro retoño que vai nacer por aquí, mesmo de xente que parecía asexual!!!) e outras novas
Beixiños e cóidate
hahahaha, ti segues coa mesma reTRANCA de sempre
Publicar un comentario