miércoles, 17 de octubre de 2007




DRAG QUEENS. E xa iniciados no tema do hibridismo e a ambigüedade, xa tiñamos que adentrarnos totalmente e que mellor xeito que írmonos a unha festa gay. Estábamos os tres de sempre, tomándonos unhas cuncas deste viño malón, viño viño non, vinate! Matinábamos sobre a vida das aves e surxíu a idea de írmonos a un novo estabelecemento de ocio e "esparcimento" do que eu ouvira falar. Collemos as bicis (inciso: coller a bicicleta cando xa vas todo perfumado e con 17 copas de máis pode convertirse e convírtese nun exercicio de malabarismo velocípedo, aínda non sei ben como non hai máis desjracias) e metemos os nosos ebúrneos cus nunha das tres minidiscos que hai en Kyoto. O show xa tiña comezado pero aínda faltaban por chegar as estrelas principais, quicir, NÖS. E non vos engano cando digo isto. A cousa era que as drag queens saían unha tras outra danzando (malamente) e animando ao personal pero non foi ate que un servidor e o sueco subiron ao palco que non empezou a verdadeira festa paisaxística. Alá foron camisas e sombreiros, voaron flores e copas, surxiron bailes subidos de tón, voces animadoras, mulleres a danzar e gayers subíndose polas paredes. Aquilo dexenorou nun sindiós e nun dislate. Corría de todo menos auga, todos a bailar, e veña copas, e a saltar, a liarse, e veña máis copas, e xa se sabe cando a xente pon polvos no nariz empitúfaselles a voz e tamén pícalles o ojete. Así podemos aclarar o nível de libidinismo (demasiadas ies para unha soa palabra) que había naquel lugar. Que ben o pasamos, cortamos dúas orellas e o do "rabo" o deixamos para outro día pois non era plan tendomos en conta de que festa se trataba. A volta a casa, igual que a ida, seseando e pensando xa na seguinte. Materialismo etílico.


EXPERENCIAS PARA "ENTENDERMONOS". Non volo crer, estaba eur o sábado pasado, tranquiliño na miña casa, vendo películas e estudando un pouco. Como non tiña plan e xa levaba moito tempo entre catro estreitas paredes fun correr a iso das sete da tarde. Xa levaba dúas voltas dadas ao circuito que fago arredor do estadio de Kyoto cando unha muller se me acercou berrando "yuhuuuu". O primeiro que pensei foi, "Joé, unha xapo cuarentona e saudando como unha española". Acerqueime para ver o que quería pois facíame señas. Cando me aproximei xa foi cando quedei cos ollos fariñados, as impresións enganan e topeime cun híbrido, pois non podería definilo doutro xeito. Cabelo de muller, cara indefinible, noz, chandal longo, carteira de muller na man e voz de pito. Que carallo era aquilo aínda lle estou a dar voltas, pero o conto é que nada máis acercarme dame un abrazo e me toca o paquete como Michel a Valderrama naquel Real Madrid-Valladolid. Eu xa flipao e ela/el a dicir "Huge wo shite" (dáme un abrazo). Eu preguntolle, todo inxénuo, que que é o que quere. Ela/el apaña o meu brazo e turra de min 10 metros até un lugar máis escuro, e veña a darlle corda!, outra vez me toca a brenca e eu xa algo mosca afástoo/a e digolle, "mira, hoxe non levo os preservativos anais así que outro día será juapo/a" e despois de despedirme educadamente seguín co adestramento pero cun sorriso de orella a orella. A vida tenche de todo onde ninguén o espera. Tentacións. (nas fotos hai 4 gays, como o que me atropelou a min, adiviñade quen é o heterosexual (vai ti a saber)).

lunes, 8 de octubre de 2007



PICHA ESPAÑOLA NUNCA MEXA SOA. Todo o que entra sae, así que despois dos 328 litros de licores e demais bebidas isotónicas, os colegas e eu acudíamos en manada ao baño, levando tamen ao casau e compartindo liturxicamente unha cerimonia tan nosa e varonil como a de mexar xuntos, comulgando coa amizade, manda carallo. Outros mentres tanto adicabanse a outras artes non tan varonís.

DE VODA. Non hai cousa máis bonita que unha boa voda, fundición do amor e primeiro paso para eternizarse. E foi que nesta miña breve visita a Coruña tiven a oportunidade de asistir á voda do meu "gran" amigo Roberto. Menuda fiestaca. Despois de gorentar unhas boas nécoras cociñadas pola miña nai, alá fumos, ás catro da tarde, á casa do noivo (o día antes xa fixeramos o previo fútbol, é dicir, eu e o outro "gran" amigo tiñamos ido á súa casa e dado boa conta entre os tres de dúas botellas de güisque con pastitas, comentando as xogadas do último ano no que estiven fóra. Non son poucas e a noite xuntouse co día e o día coa noite e así ata o domingo, que foi cando pisei cama). Pois ben, dicía, despois de ir o día da voda a casa do noivo tomar o aperitivo, alí voltamos pimpar acompañando os cubalibres e os vermús con pastitas (esta vez de verdade). Xa fomos perfumados para a igrexa parando antes nun super onde compramos os catro quiliños de arroz e lentellas correspondentes. Misa, saída triunfal, bombardeo, ida para o bar, beber de aquí e de alá, rir, entrada no restaurante, pitanza a machete, bebendo e invitando como un manirroto (sendo de balde por invitar que non quede), baile, contos, jijiji, jajaja, gastas pista?, rapazas, disco, afterhour e chegada a casa aínda coas longas postas. Resumen dunha voda que ben merece repetición aínda que a cara de felicidade do meu amigo nunca se me vai esquecer. Que vivan os NOIVOS. (na foto eu presentando ao noivo antes de vestilo. Houbo que atalo e meterlle un par de tollinas antes porque quería botarse atrás pero como o banquete xa estaba pago...)