lunes, 8 de octubre de 2007


DE VODA. Non hai cousa máis bonita que unha boa voda, fundición do amor e primeiro paso para eternizarse. E foi que nesta miña breve visita a Coruña tiven a oportunidade de asistir á voda do meu "gran" amigo Roberto. Menuda fiestaca. Despois de gorentar unhas boas nécoras cociñadas pola miña nai, alá fumos, ás catro da tarde, á casa do noivo (o día antes xa fixeramos o previo fútbol, é dicir, eu e o outro "gran" amigo tiñamos ido á súa casa e dado boa conta entre os tres de dúas botellas de güisque con pastitas, comentando as xogadas do último ano no que estiven fóra. Non son poucas e a noite xuntouse co día e o día coa noite e así ata o domingo, que foi cando pisei cama). Pois ben, dicía, despois de ir o día da voda a casa do noivo tomar o aperitivo, alí voltamos pimpar acompañando os cubalibres e os vermús con pastitas (esta vez de verdade). Xa fomos perfumados para a igrexa parando antes nun super onde compramos os catro quiliños de arroz e lentellas correspondentes. Misa, saída triunfal, bombardeo, ida para o bar, beber de aquí e de alá, rir, entrada no restaurante, pitanza a machete, bebendo e invitando como un manirroto (sendo de balde por invitar que non quede), baile, contos, jijiji, jajaja, gastas pista?, rapazas, disco, afterhour e chegada a casa aínda coas longas postas. Resumen dunha voda que ben merece repetición aínda que a cara de felicidade do meu amigo nunca se me vai esquecer. Que vivan os NOIVOS. (na foto eu presentando ao noivo antes de vestilo. Houbo que atalo e meterlle un par de tollinas antes porque quería botarse atrás pero como o banquete xa estaba pago...)

No hay comentarios.: