


DRAG QUEENS. E xa iniciados no tema do hibridismo e a ambigüedade, xa tiñamos que adentrarnos totalmente e que mellor xeito que írmonos a unha festa gay. Estábamos os tres de sempre, tomándonos unhas cuncas deste viño malón, viño viño non, vinate! Matinábamos sobre a vida das aves e surxíu a idea de írmonos a un novo estabelecemento de ocio e "esparcimento" do que eu ouvira falar. Collemos as bicis (inciso: coller a bicicleta cando xa vas todo perfumado e con 17 copas de máis pode convertirse e convírtese nun exercicio de malabarismo velocípedo, aínda non sei ben como non hai máis desjracias) e metemos os nosos ebúrneos cus nunha das tres minidiscos que hai en Kyoto. O show xa tiña comezado pero aínda faltaban por chegar as estrelas principais, quicir, NÖS. E non vos engano cando digo isto. A cousa era que as drag queens saían unha tras outra danzando (malamente) e animando ao personal pero non foi ate que un servidor e o sueco subiron ao palco que non empezou a verdadeira festa paisaxística. Alá foron camisas e sombreiros, voaron flores e copas, surxiron bailes subidos de tón, voces animadoras, mulleres a danzar e gayers subíndose polas paredes. Aquilo dexenorou nun sindiós e nun dislate. Corría de todo menos auga, todos a bailar, e veña copas, e a saltar, a liarse, e veña máis copas, e xa se sabe cando a xente pon polvos no nariz empitúfaselles a voz e tamén pícalles o ojete. Así podemos aclarar o nível de libidinismo (demasiadas ies para unha soa palabra) que había naquel lugar. Que ben o pasamos, cortamos dúas orellas e o do "rabo" o deixamos para outro día pois non era plan tendomos en conta de que festa se trataba. A volta a casa, igual que a ida, seseando e pensando xa na seguinte. Materialismo etílico.
1 comentario:
Rapas, non sei ben, pero a rubia paréceme troita
Publicar un comentario