lunes, 19 de noviembre de 2007

TRABALINGUAS. "Nama mugui, nama gome nama tamago" (trigo cru, arroz cru, ovo cru). Semella doado? Pois ala, dalle que non mira!

P.D. AVISO A NAVEGANTES. Se vos gustan os doces, tedes unha nova entrada do blog intercalada entre as novas sobre Esparta. Tres ou catro fotos máis abaixo poderedes ver como algúns individuos de dubidoso talante arruinaron un "insensensato" restaurante xaponés.



DOCES. Adentremonos un pouco en esquisiteces gastronómicas. Os xaponeses, amantes da pitanza e do bo comer (na televisión, a calquer hora do día podes ollar un programa de cociña ou calquer famosete entrando nalgún restaurante cos seus collóns toureiros e comendo de balde cantidades inxentes de caras ou carismas viandas. Ademais, aínda que os restaurantes de comida rápida tamén están xa moi estendidos -comentei xa que nunha cidade de millón e meio de persoas como Kyoto, o número de macdonaldos supera quizais a centena. Sabéndomos que en Coruña só había 2 até hai un par de anos, a proporción é rotunda. Ademais existen cantidade de restaurantes abertos as 24 horas do día, por se tes o antollo de empanada con morcilla as 4 da mañá. Estomagos). Dicía sobre o amor dos xapos ao bo comer. Neste punto vou falar sobre o marabilloso mundo dos postres. Xa a nomenclatura fala sobre gostos, e mentres nos, peninsulares e europeis utilizamos o termo "doce", "dulce", "sweet" para falar de postres ou gominoladas, os xapos afastanse do sabor doce e para eles un postre "okashi" pode estar feito de arroz, de xudías machucadas ou de touciño por pór un exemplo. De aí que non estraña que teñan haberto en Kyoto un "Sweet paradise", nome dun restaurante buffé libre, no que por 1400 ens (9 euros e pico) podes comer todas as tartas, chocolates, xelados, pasteis, pastas, patacas fritas, sanduiches, espaguetis, frutas e demais doces que queiras. Eles, que se pensaban que os xaponeses non ían comer ate rebentar, pois o doce non era un deses sabores que tanto lles atrae, abren semellante restaurante-bomba de reloxerio (atención diabéticos) e non sei canto lles durará antes de que unha horda de estranxeiros arrase con canto hai nesa casa de chocolate de Hansel e Gretel. Por agora os meus amigos e eu xa fomos en primeira expedición de recollecemento e o cociñeiro aínda está laiandose da idea de por unha barra libre nun lugar como ese. INSENSATOS.

jueves, 8 de noviembre de 2007






ESPARTAAAAAAAaaaaaaaaa, os catro truáns emulando aos trescentos. Non era o carnaval de Rio ou de Baia, mais a falta de tortas bos son os jalouíns.

domingo, 4 de noviembre de 2007




DAIMONJI. O outro día, os catro tunantes non tiñamos nada que facer e subimos (eu xa por sexta vez) esta pequena colina que hai ao lado de Kyoto e desde a que se pode divisar toda a chaira sobre a que se asenta esta antiga cidade capitalina. Kyoto é case unha caldeira, rodeada de montes ao norte, ao oeste e tamén ao leste. Ten a saída ao mar para o Sur, por onde circulan tamén os dous ríos que dividen tamén a cidade, o Kamo e o Katsura. Eles van caendo paseniñamente para Nara e Osaka, levando os recordos dos kyotenses, augas que non voltarán. E quizais por iso voamos, os catro da foto, viaxando a tempos pasados ou terras lonxanas coas que soñamos. Voar tamén se pode facer desde a terra, non é?






















































DESPOIS. Os espartanos, con traxe de paisano, regresamos aos nosos lares coas nosas espadas secas de sangue pero as gorxas ben molladas de alcool. Outro día será no que de novo teñamos que acudir á mítica para liberarnos e unirnos de novo en grupo. ESPARTANOS!!!, ... AUNNN, AUNNNN, AUNNNNNNNN


p

OS OUTROS GAÑADORES, con premio incluído a Hawaii. Manda carallo co xurado, vale que o bicho verde (Shreek, ou como se alcume) e o mangaka gañen, pero esas tres gatas con traxe de puterio, me cago en Xerxes e na espada de Leonidas, os espartanos reclaman vinganza.

oo

Os Espartanos tamén mexan, con forza, contra a parede e sen quitar a capa, en comuñón cos seus irmáns de batalla (pacífica). Logo de descargar alá vamos, subir ao palco da disco e vivir o noso momento de maior gloria hedonística. AUNNNNNNNN

HALLOWEEN, ou como carallo se escriba, é a festa dos mortos que nos últimos anos celebrase con devoción en USA e por estensión tamén na súa sucursal xaponesa. Nós, xa inxeridos nesta cultura de consumo e con ganas de pasalo ben, collimos a manta, o fio, o cinto, e a maquillaxe e tecendo tecendo acabamos facendo os ESPARTANOS que nos ían permitir pasar unha noite de risas e unión fraternal. Ao berro unísono de AUNNN, paseamos as rúas de Kyoto ante miradas asombradas de peons que non deixaban de tirar fotos, algo polo visto pouco visto na cidade. Unha cousa e poñer un disfraz no interior dun local, outra moi distinta é dar a nota por entre os teledirixidos peons. Unhas risas, patrocinadas polo traxe e o viño que nos levaron por bares e máis bares gañando sorrisos e tamén premios (playstation para todos, que vendimos celeremente pois o noso motor é etílico e non cibernético).