lunes, 19 de noviembre de 2007




DOCES. Adentremonos un pouco en esquisiteces gastronómicas. Os xaponeses, amantes da pitanza e do bo comer (na televisión, a calquer hora do día podes ollar un programa de cociña ou calquer famosete entrando nalgún restaurante cos seus collóns toureiros e comendo de balde cantidades inxentes de caras ou carismas viandas. Ademais, aínda que os restaurantes de comida rápida tamén están xa moi estendidos -comentei xa que nunha cidade de millón e meio de persoas como Kyoto, o número de macdonaldos supera quizais a centena. Sabéndomos que en Coruña só había 2 até hai un par de anos, a proporción é rotunda. Ademais existen cantidade de restaurantes abertos as 24 horas do día, por se tes o antollo de empanada con morcilla as 4 da mañá. Estomagos). Dicía sobre o amor dos xapos ao bo comer. Neste punto vou falar sobre o marabilloso mundo dos postres. Xa a nomenclatura fala sobre gostos, e mentres nos, peninsulares e europeis utilizamos o termo "doce", "dulce", "sweet" para falar de postres ou gominoladas, os xapos afastanse do sabor doce e para eles un postre "okashi" pode estar feito de arroz, de xudías machucadas ou de touciño por pór un exemplo. De aí que non estraña que teñan haberto en Kyoto un "Sweet paradise", nome dun restaurante buffé libre, no que por 1400 ens (9 euros e pico) podes comer todas as tartas, chocolates, xelados, pasteis, pastas, patacas fritas, sanduiches, espaguetis, frutas e demais doces que queiras. Eles, que se pensaban que os xaponeses non ían comer ate rebentar, pois o doce non era un deses sabores que tanto lles atrae, abren semellante restaurante-bomba de reloxerio (atención diabéticos) e non sei canto lles durará antes de que unha horda de estranxeiros arrase con canto hai nesa casa de chocolate de Hansel e Gretel. Por agora os meus amigos e eu xa fomos en primeira expedición de recollecemento e o cociñeiro aínda está laiandose da idea de por unha barra libre nun lugar como ese. INSENSATOS.

No hay comentarios.: