ARASHIYAMA. Se cadra unha das paraxes máis fermosas da cidade de Kyoto. A dous quilometros da miña casa é un lugar obrigado para facer carreiras mentres se disfruta da natureza. Este bairro é famoso e énchese de turistas cando florece a Primavera e tamén no Outono, cando as árbores mudan as súas cores. Logo, despois destes periodos Arashiyama convírtese nun bairro tranquilo, aínda que os tendeiros e hostaleiros do lugar, con picardía pecuniaria, decidiron crear hai varios anos algunhas celebracións para inzar de turistas ese bairro durante todo o ano. Así temos por exemplo esta festa da luz, todo o bairro é iluminado con pequenas lámpadas xaponesas que o fan aínda máis fermoso. Na foto, unha lámpada no que podedes intuir o "kanji" ou letra china "amor".
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
4 comentarios:
Hola Iago! Son Patricio, o amigo de Antonio, non sei se te lembras de min Xa fai tempo que non nos vemos... Xa vexo polo teu blog que estás totalmente integrado na vida xaponesa :D alégrome moito. Espero que todo che vaia moi ben.
Tamén quería pedirche un favor, estou interesado nun videoxogo da playstation 3 que soamente venden en xapón (a europa non chegará ata mediados do ano que ven) e se chama "gran turismo 5 prologue" creo que vale ¥4,980(en disco blu-ray) terías que compralo e envialo por correo a miña dirección da casa. Ti non pagarías nada, diríasme por anticipado canto costa todo, enviaríache os cartos e ti soamente irías a compralo e o enviarías nun paquete. Déixoche a miña dirección para concretar os detalles (pachuscki@hotmail.com) se pola razón que sexa non podes ou non queres, non pasa nada, non hay fallo :D
Un abrazo e sorte nas terras do sol nacente
Bo Nadal Iago.
Imos votarte en falta. Bo Nadal meu curmán. Bicos de todas.
Hola Iaguiño
xa te vimos no periódico
Saiches moi guapo
Bicos de todas, teño o meu carón a túa nai (caeselle a baba)
Publicar un comentario