domingo, 9 de diciembre de 2007




UN DIA NORMAL. Foi un venres, erguinme como de costume a iso das oito. Un pouco de estudo e traballo de seguido ate as 9 menos dez da noite. As 9 e cinco xa estaba plantado na estación de Kyoto, pequeno macuto e a roupa do traballo. Era día de montaña. Na estación atopome co meu compañeiro de aventuras e loucuras xaponés, Nakanishi. El, ao contrario que o menda, leva mochilón de lexionario, cociña, saco de dormir, tenda, 8 capas de abrigo, comida e bebida para un reximento, as zapatillas e, ollo, ata un gorro de ducha. Todo iso para un día. Tocárselos... Fago eu agora inventario das miñas alforxas: abrigo de montaña, comida (escasa), unha botella de licor café (non é broma) e auga. Diferencia: 9 quilos de ná.

Collemos o tren as 9:30 e saimos en direción ao monte, Maibara. Chegamos ao destino 2 horas despois e unimos a outro colega xapo que ven de Nagoya, xa sabedes, a cidade que rima con ... gramola. Comezamos a camiñar as 12 da noite despois de xantar nun supermercado comida instantanea e quentiña (vai un frio do carafio). Comezamos a subir, todo oscuro e levamos só unha lanterna. E aquí é onde comeza fallar todo, desde o principio rota equivocado, todo para arriba e ao fin non chegamos a ningunha parte. A subida é aburrida en canto a paisaxe (todo escuro) pero a conversa, tamén o silencio, e as luces das estrelas merecen a pena. Chegamos ao ponto máis alto a iso das 4.30 da mañá. Un frio que nin paqué, intentamos durmir ao raso, pero incapaces de facelo acordamos as 5 e meia cando o sol comeza a sair. Mexada matutina e o xapo que ten que sacar as pinzas para agarrala porque o frio xa sabedes que encolle. Almorzamos galletas e licor cafe (meia botella entre dous) e para baixo a escape e cantando cancións lexionarias ou de marcha marcial ("ave maria, cuando serás mia.." ou "a belén va una burra rinrin, yo me remendaba yo me remendé..."). Chegamos abaixo desfarrapados, e sen saber se queremos ir dormir ou sair de festa ata o luns. A paisaxe é o de menos, a falta de horas de sono tamén, o importante é a natureza e poder vivila ben acompañado.

No hay comentarios.: