martes, 29 de mayo de 2007


NOMES. BONALDY. Xa escrebera no meu anterior blog (www.galegonosolnaciente.blogspot.com ) unha nota referida ao meu amigo Lansakara Herath Mudiyanselage Dhartmaratne Dhanuskkha Nuwan , Dhanuskha para os amigos. Agora tócalle a hora ao meu compañeiro de tazas e viños (gorenta os tintorros e o viño zagarrón español que dá gusto velo, e non o minto, aí na foto o tedes cun viño do Penedés). Podería contar mil historias deste persoeiro pero hoxe só me vou referir ao seu nome, Reagen Bonaldy. O apelido soa a italiano emigrante a Estados Unidos pero o rapaz resulta que é indonesio. Pero o máis curioso do asunto é o mal gosto do seu pai. O homiño, palabras textuais do meu amigo, ten o gusto para os nomes no orto e non se lle ocorreu poñerlle de nome aos seus fillos irmáns: Mimí (nome de cadela), Jimy ( en honor ao antigo presidente americano), Reagen (de Ronald, o otanista derribador de muros de Berlín a base de armas nucleares) e Bill, famoso máis polos seus deslices de oralidade que pola súa dubidosa política. Hai que tocarselos! Pero o pior non queda aí, pois a irmá, casada e residente en Hong Kong tivo a maquiavélica idea de porlle ao seu segundo fillo Bussh, en honor a ese magnífico fillo da gran ...

XA SOMOS FAMOSOS. Resultou unha mañá que recibo unha chamada na que me comunican que me queren facer unha entrevista para falar do ximnasio ao que son asiduo. Alí vou eu con dous amigos e falamos cun periodista dun xornal de Kyoto e nos fai perguntas porque é que elexiramos ese ximnasio (municipal), de onde viñamos, como sentiamos Kyoto, etc. A entrevista rematou con sesión fotográfica, e aínda que o profesional pedía un desnudo integral...

A MUSICA AMANSA AS FERAS . Convidado por unha das miñas estudantes de español asistin ao concerto dun grupo ecuatoriano que realmente sorprendeume pola súa calidade e profesionalidade. Aínda que os fins de semana estou ocupadísimo (cheguei a casa o domingo as sete, erguinme as 12, collin a bici a 1 para ir ao concerto e as 5 estaba adestrando cos meus colegas da equipa de fútbol), tanta ocupación axudame a non pensar naquelas persoas que non teño e naqueles lugares aos que me gustaría viaxar ou regresar. A música, sexa de onde sexa, tamén nos pode servir para recordar e sentir máis perto todo iso.

viernes, 25 de mayo de 2007









OS TUNANTES. Comezamos a festa o venres e rematamos... (ver máis máis abaixo). Co traxe de faena (dou clases nunha academia de linguas) vamos xa directos a churrar. Pouco a pouco e a medida que a mesa se enche de copas algúns poñense chotunos e acabaremos a noite como Deus nos trouxo ao mundo e sen saber se este corpo e meu o do fulano que dorme ao meu lado. Animaliños. (ver máis abaixo).




De novo de festa. A cara aínda coa resaca do día anterior e xa dispostos para rachar outra vez. Os de abaixo estanvos catando o "paquito chocolatero". Resultou ser unha equipa de ciclismo en Xapón, campión e subcampión nacional incluidos. Cuidar cuidanse ben e non dixeron que non ás cervexas que lles ofrecimos. Agora entendo porque no país da bicicleta este deporte aínda non é profisional. A festa segue máis abaixo.




A tropa toda, eu non sei nen como se chaman pero alá nos unimos nós. Por certo, ole os collóns samurais do meu amigo Reagen, o indonesio vestido de samurai, que se atreveu a sair de verbena e entrar na discoteca coa katana posta. Máis detalles máis abaixo.



Máis fotos da festa relatada máis abaixo. Isto échevos no karaoke, o sabado antes de ir a disco. Aínda as cabezas están encima dos nosos corpos. Ler máis abaixo



ONDE VAS TUNANTE? Preparámonos para unha noite máis de recreación, partindo o bacallao alá por onde pasamos, sen perder ningunha viaxe, repartindo por todos os lugares onde paramos. As fotos sonvos do mesmo fin de semana, churrando desde as nove da noite dun venres ata as sete da mañá dun domingo.

A crónica da morte anunciada foi a seguinte. Venres. sete da mañá. Acordamos cediño que a quen madruga Deus lle axuda. Almorzamos potente e vamos pedaleando para as clases de xaponés. Cinco horiñas moqueando, xantamos arroz con carne e decoracións. Vou traballar e remato a miña xornada laboral a iso das oito. Fago tempo falando coa secretaria, que se deixa vacilar, e vamos xa directos para o primeiro bar da noite, así, co traxe de faena posto. Conversas, risas, nampa (ou ligoteo, iso de rapaz busca rapaza, jijiji, jajaja, e ti que fas por aquí, lililí, lalalá e esta non perde a viaxe) e paseo cos tres tunantes de bar en bar (escasos nunha noite de venres en Kyoto (primeiro e único erro do fin de semana). Rematamos sabe Deus onde e na cama de quen, os catro zapateados e con poucas ganas de repetir. Pero alá foi, acordamos cediño, tres horas pouco reparadoras de sono son suficientes no país das bebidas enerxéticas (admitimos whisky, ron, cervexa e todo tipo de espirituais entre elas) e saimos facer deporte para quemar toxinas e hidratarnos con algunha cervexa. Mudamos roupas e tomamos ducha. Sete da tarde e reventamos os estomagos cun "tabehodai", comer por cinco euros todas as pizzas que queiras ou podas e sen limite de tempo. Todo, iso sí, ben regado con hidromel e todo o que caía nas nosas mans. O Patrik bebía ata a auga dos floreiros e á velocidade do shinkansen, que vikingo!, so lle faltaba un craneo humano por copa. Compramos nun super caixa de 24 bebidas que non dubidamos en liquidar facendo romeria na ribeira do río Kamo, entre xentes e máis xentes que se recrean co deporte máis estendido en Xapón, o levantamento de vidro. Atopamos novas persoas, perfeitos descoñecidos aos que non dubidamos en unirnos e darlles a lata. Unha hora de karaoke para matar a timidez e directos á discoteca coas luces ben largas e dando bandazos como mad max en persecución. Outra vez, rematamos xa de mañanciña, como unha alborada e sen saber moi ben a que día estamos pero co sorriso posto de orella a orella. Festaca das gordas. (as fotos veñen por orde cronolóxica e obviamente baixo a previa censura do autor).


PRISAS OU ZAPATOS DOUS NUMEROS MÁIS GRANDES.


PRAIA. En Xapón tamén notamos os efectos del Niño e xa hai algo máis de un mes que puiden disfrutar do meu primeiro día de praia deste ano. A verdade é que Kyoto esta algo afastado deste lugares de lecer e torramento, e aínda que a costa está perto, en Osaka e Kobe, coa costrución masificada que hai, non temos ningún mísero areal. De aí que me tivera que facer algo máis de cen quilometros para poder disfrutar das calmas do Pacífico en Wakayama.

Pregunta do profesor de español a unha das súas alunas xaponesas:
-Cal é o día da semana que máis te gusta?
-O luns.
-Por qué?
-Porque o meu marido vai traballar.
-E o que menos te gusta?
-O domingo, porque el está todo o día na casa.
(verídico).


COSAS QUE ME SALVARON A VIDA 7. O PAN E O LEITINHO. Cousas da alimentación tan básicas en España como o pan e o leite podían ser un obstaculo para a miña vida en Xapón pero afortunadamente non o foron. O baixo prezo deses dous productos tan esencias permitenme todos os días almorzar a iso das sete da mañá como un señor, as miñas duas torradas, os cereias con leite e un plátano de postre. Comeza o día con Alegría.