ME GUSTAN LOS CHORIZOS PARRILLEROS, LOOOS CHORIZOS PARRILLEEEROS, LA BARBACOA, LA BARBACOA,... AAhhh, se Giorgi Damm levantara a cabeza viría con nós pasar o día de barbacoa da academia de xaponés na ribeira do lago Biwako. Alá fumos, a metade dos estudantes e profesores, en tren ou en bicicleta, co ánimo de chapotear e refrixerar o máis que abrasado corpo. Estamos no verán e aquí, no centro de Xapón, se existe inferno, debe ser algo parecido a isto. Pois ben, fomos todos alá, uns a comer, outros a brincar coma min. Bañarse, xogar, encender a grella, saltar desde o peirao en plan Titanic, escachar a sandía, e tamén, porque non, escachar coa risa. Día de amigos e de pasalo ben
martes, 31 de julio de 2007
Advertirame o señor director. Como ousares tirar unha menina ás augas do lago, alá vai tamén a bicicleta. O vingador de princesas indefensas quería cumprir a súa promesa e erexirse en adalid dos indefensos e protector dos dereitos electorais (elexir se vas ou non vas a auga). O tirano dictator Iacus decide por todos e ao fin acabaron indo un, dous e finalmente o profesor. Cuestión de convincencia e máis que nada, forza (soame algo ao que ocorre entre a maioría das relacións internacionais. Para que convencer se tes misís de longo alcance).
O ALUNO PROFESOR. Por requisitos do guión teño que vestir indumentaria yuppie, con traxe e garabata que tanto asfixian no verán . A coña é que vou recibir as clases vestido como o director da escola e logo saio disparado para o curro gañar o pan e o viño de cada día. A risión entre os meus colegas e supoño que pouco a pouco voume afacendo á cultura laboral deste país. 日本に慣れました。
OS XAPONESES CANDO CHUZAN, chuzan de verdade, levan as longas postas e van dando luces e deslumbrando ao persoal. Ese par de abortos de sumo intentaban espirse e cubrirse só con papeis hixienicos en pleno parque central de Kyoto. Que o conseguiran é outra cousa pero así podedes ver que os xaponeses tamén se soltan e teñen liberdade, iso si, normalmente so o poderedes ver na hora de churrar. Os protagonistas, un par de minutos antes estaban todo traxeados (como mandan as normas de vestimenta de calquer empresa xaponesa, sexa de encurtidos, cascaruja ou de exportacións de residuos radioactivos a terras estranxeiras. Logo, catro chupinazos máis tardes xa os tíñades no meio do corro de empresarios da súa empresa berrando banzai e intentando autosodomizarse. Mundos.
jueves, 26 de julio de 2007






E NO MEIO DA MARAÑA do matsuri que é o que atopamos? Haivos xente de todo tipo pero as que máis locen son as rapazas coa yukata e as dichosas carretas. Logo haiche tenderetes e barracas como en toda verbena, tiro ao blanco, comidas varias entre as que sobresaen o takoyaki (polvo), o okonomiaki, as fritangas, os encurtidos e os doces (mazas doces, nubes, en fin, o que en Europa e algo máis). Pero tamén encontramos tenderetes que nunca vira pola terra, por exemplo un que ten a nintendo wii como atracción, ou outras máis típicas nas que hai que recoller peixes ou carangexos que logo poderás levar como premio a casa, que ilusión.
Vimos tamén fotografos amosando con orgullo espartano as súas megacámaras, policias piripis fotografando rapazas bonitas, e, sobre todo, A MASA xaponesa. Que barbaridade!






GION MATSURI. Xa comentara máis abaixo sobre esta festa, na que se lle dá as grazas aos deuses por ter salvado a os kyotenses dunha epidemia hai xa máis de seiscentos. Desde aquela, polos días 15, 16 e 17 de xullo celébrase esta "festa", por chamalo dalgún xeito, no que cada bairro do centro de Kyoto pasea a súa carroza, denominada hokko ou yama. A min non é que me atraera moito, pois pareceume unha festividade un pouco afastada do povo, no que a xente normal non pode participar e só ollar como os bairros, ataviados e uniformados cos respectivos kimonos ou yukatas, locen as súas ofrendas mentres tocan máis que escuros e monótonos sons xaponeses. Nas fotos eu e os meus colegas vestidos con yukatas (non chega a ser kimono e antigamente era unha prenda que se utilizaba a modo de pixama, mais que agora, no verán, a xente vista para sentirse fresco e ir cos baixos colganderos, como unha túnica) e dando un garbeo vendo o que se coce no centro da cidade. O pior, e algo que tamén se repetiu o ano pasado, a chuvia, torrencial e rozando o tifón, e a masificación. Pasámolo ben pero sen tolear. Festa sen alcool e paquito o chocolatero non vos é unha "boa" festa.
martes, 24 de julio de 2007
DISQUE NON HAI CIENCIA SEN TRABALLO e o mesmo ocorre coas festas, non as hai sen o traballo previo de preparacion. En concreto tratase da construción dos hokko, ou yama, uns carros especiais para esta procesión do GION MATSURI, unha das tres festas máis importantes de Xapón, xunto co matsuri en Tokyo e en Osaka. Os carros estes, que só podemos atopar nesta cidade, serven para pedir aos deuses a salvación, pois hai tropecentos anos houbera unha gran epidemia e seca en Kyoto e dende aquela andan pedindo e dando as grazas todos os anos. A festa foi hai duas semanas pero aínda non vos teño as fotos así que haberá que esperar. Por certo, chama a atención que nun país tan ordeado e escrupuloso como Xapón atrevanse a cortar todo o centro da cidade só para celebrar unha procesión (se o futurismo e Alberto Caeiro levantaran a cabeza, boas levaban). Ah, outro inciso, o edificio a dereita do primeiro carro é o lugar onde me gaño os cuartos. Bendito sexa.
lunes, 2 de julio de 2007





FESTAS. E xa van dez mil, pero ante a monotania desde o luns ata o venres o fin de semana hai que aproveitar calquer excusa para armala. Esta vez foi a despedida dunha das profesoras da escola, que como marcan as regras do xogo en Xapón, unha vez casada abandona o seu emprego e alá vai, a convertirse nunha sumisa dona do fogar. Para a despedida ocorreusenos poñer o traxe de faena, comprarlle unhas flores e regalarlle uns artefactos para o exercicio onanístico feminino, con iso de casar e o marido estar lonxe do lar, quen sabe, para matar os ratos de soidade. Sorprendémola na entrada do karaoke aparecendo donjuanescos con espadas por diante, a matacaballo ofrecemoslle as flores e sen tempo para dicir nada xa está abrindo os regalos, bebendo máis do bebido e acabando chafullando cancións de Michael Jackson con toda a súa indumentaria.

CENTRAIS NUCLEARES. Hai gustos e xente para todo. Eu son deses que pensa que a enerxía nuclear é unha marabilla da técnica e bendita sexa ela. En Xapón, malia a desfeita armamentística de Hiroshima e Nagasaki, andan disfrutando desta enerxía máis ou menos limpa, pouco contaminante. En Xapón o 30% da enerxía vén das 55 centrais nucleares que hai distribuidas no país e para min é algo necesario porque nunha illa na que non hai petroleo nen carbón unha enerxía "limpa", que non produce CO2 resulta algo necesario. Mentres non se mellore algo máis a enerxía solar esta é a alternativa. Aí me tedes, abandonando a auga en pacífica postura como don Manuel en Valdelinares, mostrando co meu xesto de "yo controlo" que a auga está boa e non me sairon os tres ollos como ao peixe de Springfield.
Xa había ben de tempo que non escrebía, mais novas teño bastantes. A miña vida disfrutou de enumerabeis festas e puiden percorrer diversas montañas, estradas, vilas e praias. Comezarei por isto último. Hai xa dous fin de semana puiden gozar do meu segundo día de praia. O certo é que Kyoto non fica moi lonxe do mar, en liña recta a uns 40 km ao sul esta o Mar de Seto, ou o Pacífico, que como o propio nome indica non é moi meneao. Ao norte, en tamén liña recta pero algo máis lonxe polas montañas que hai que atravesar, a uns 70 km está o chamado mar de Xapón. Pois ben, áínda que o mar está moderadamente perto, outra cousa son as praias. Manda carallo que vivindo nunha illa non haxa praias para morrer, é máis, hai que buscalas e a maioría son cantos rodaos ou pequeneiros areais en non moi acolledores lugares. Aproveitando que o "tsuyu" (con esta maldita palabra denominan a sesión de chuvias en Xapón, un tres ou catro semanas de auga a fartar, case sen luz e cunha humidade que co calor crea un "delicioso" efecto sauna, para morrer) dera un descanso fun eu a Springfield, a tomar o baño ao lado da central nuclear. Auga quentiña e preciosos paraxes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








