ARASHIYAMA. Se cadra unha das paraxes máis fermosas da cidade de Kyoto. A dous quilometros da miña casa é un lugar obrigado para facer carreiras mentres se disfruta da natureza. Este bairro é famoso e énchese de turistas cando florece a Primavera e tamén no Outono, cando as árbores mudan as súas cores. Logo, despois destes periodos Arashiyama convírtese nun bairro tranquilo, aínda que os tendeiros e hostaleiros do lugar, con picardía pecuniaria, decidiron crear hai varios anos algunhas celebracións para inzar de turistas ese bairro durante todo o ano. Así temos por exemplo esta festa da luz, todo o bairro é iluminado con pequenas lámpadas xaponesas que o fan aínda máis fermoso. Na foto, unha lámpada no que podedes intuir o "kanji" ou letra china "amor".
martes, 18 de diciembre de 2007
martes, 11 de diciembre de 2007
MAKINETOS. No país da soidade, como relataba Sofia Coppola no "Lost in Translation", a vida ociosa dos xaponeses é bastante reducida e tamén bastante individualizada. Ao cine, ao karaoke, a beber, sempre van en parellas, os grupos de amigos son poucos. Pero tranquilos, haivos tamén unha alternativa: ir sos. S.O.S. Para o numeroso grupo que prefiren fuxir da sociedade e individualizarse, a parte dos pachinkos (maquinas comecartos controladas pola mafia, a yakuza), dos internets, das consolas e dos consoladores, temos tamén os makinetos de videoxogos que hai por miles en Xapón . Atopalos é bastante doado porque meten un barullo que nin diola. O uso, meter moediña e alá, a evadirse. Aí tedes, ese par de xaponesizados, dandolle duro
domingo, 9 de diciembre de 2007
UN DIA NORMAL. Foi un venres, erguinme como de costume a iso das oito. Un pouco de estudo e traballo de seguido ate as 9 menos dez da noite. As 9 e cinco xa estaba plantado na estación de Kyoto, pequeno macuto e a roupa do traballo. Era día de montaña. Na estación atopome co meu compañeiro de aventuras e loucuras xaponés, Nakanishi. El, ao contrario que o menda, leva mochilón de lexionario, cociña, saco de dormir, tenda, 8 capas de abrigo, comida e bebida para un reximento, as zapatillas e, ollo, ata un gorro de ducha. Todo iso para un día. Tocárselos... Fago eu agora inventario das miñas alforxas: abrigo de montaña, comida (escasa), unha botella de licor café (non é broma) e auga. Diferencia: 9 quilos de ná.
Collemos o tren as 9:30 e saimos en direción ao monte, Maibara. Chegamos ao destino 2 horas despois e unimos a outro colega xapo que ven de Nagoya, xa sabedes, a cidade que rima con ... gramola. Comezamos a camiñar as 12 da noite despois de xantar nun supermercado comida instantanea e quentiña (vai un frio do carafio). Comezamos a subir, todo oscuro e levamos só unha lanterna. E aquí é onde comeza fallar todo, desde o principio rota equivocado, todo para arriba e ao fin non chegamos a ningunha parte. A subida é aburrida en canto a paisaxe (todo escuro) pero a conversa, tamén o silencio, e as luces das estrelas merecen a pena. Chegamos ao ponto máis alto a iso das 4.30 da mañá. Un frio que nin paqué, intentamos durmir ao raso, pero incapaces de facelo acordamos as 5 e meia cando o sol comeza a sair. Mexada matutina e o xapo que ten que sacar as pinzas para agarrala porque o frio xa sabedes que encolle. Almorzamos galletas e licor cafe (meia botella entre dous) e para baixo a escape e cantando cancións lexionarias ou de marcha marcial ("ave maria, cuando serás mia.." ou "a belén va una burra rinrin, yo me remendaba yo me remendé..."). Chegamos abaixo desfarrapados, e sen saber se queremos ir dormir ou sair de festa ata o luns. A paisaxe é o de menos, a falta de horas de sono tamén, o importante é a natureza e poder vivila ben acompañado.
martes, 4 de diciembre de 2007
KOUYOU. Pasa o tempo voando e voando vanse tamén as follas do outono, ou do inverno. Como pasa o tempo, parece mentira mais xa estamos de novo en nadal. Porque este ano o kouyou (o tempo no que as follas das árbores en Xapon muda aos espectaculares marróns, vermellos e amarelos) chega xa case no nadal. Cousas do "chikiu ondanka" ou quecemento global. Manda carallo, Cecebre sen auga e Xapón cun outono en decembro e moito máis "suxo" que outros anos. Aínda que este ano non é tan fermoso como o anterior, como tiña a cabeza tola (como sempre), a víspera do meu examen de xaponés, cun grao centigrado no termómetro, alá funme eu cun colega xaponés -Nakanishi-, cos nosos collóns cocoteiros, as 6 da mañá en ruta ciclista procurando cores outonais coas que recrear ollos e corazóns. Velaquí algunhas das instantaneas que por suposto non reflicten nen o frio nen a beleza que vimos.
Por certo, o examen, un fracaso, "atarimae"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)