miércoles, 28 de mayo de 2008


FELICIDADES; FELIZ ANIVERSARIO NAKANISHIIII!!!
Hoxe o Nakanishi cumpre anos, é un secreto a súa idade así que vamos a respetalo e non dicir que ten xa 21 anos. Vaia por deus.., escapouseme.
Nakanishi Kunihito, malia a súa escasa idade difire bastante doutros xaponeses pola súa intelixencia, coñecementos xerais e activismo. Gosta de moverse e pasalo ben xunto dos amigos, viaxar, beber moderadamente alcool e sobre todo sobre todo COMER. O pirata foise convertindo no meu mellor amigo aqui en Xapón e grazas a el podo mellorar o meu xaponés, aprender cousas da súa cultura e pasalo ben, de aí que lle dea esta homenaxe e o felicite.
A amizade en Xapón é un pouco diferente ao que estamos acostumados na nosa terra. Disque para atopar un bo amigo nipón tes que traballalo uns dous anos, que resulta difícil confraternizar e profundizar con estas xentes. Os xaponeses, a pesar de ser unha sociedade grupal, que se move en masa e na que non gusta ir contracorrente, teñen a peculiaridade de ser bastante individuais, como os gatos, de aí eses ollos rasgados. Cantidade de xente pasa os sábados e domingos sós, sen sair; viaxan e tamén van ao cine sen necesidade de ir cun amigo, e, por suposto, viven tamén sós.
Pero o Nakanishi ten algo diferente, certa feminidade que lle fai relacionarse cos gaijins (estranxeiros) e tamén unhas ganas de "coñecer" que lle fan diferentes aos outros. O outro día, falandomos de ciencia e filosofía (el estuda física), concluímos que a verdadeira universidade, o verdadeiro estudo, é o Universal, repudiando a especialización de hoxe en día. De aí que o Nakanishi sexa viaxeiro, educado, atento, con ganas de coñecer, activo, deportista, bo comedor, bebedor, conversador e sobre todo aberto.
Varias anecdotas falan das súas diferenzas cos españois e dan conta da súa refinada educación e respecto. En certa ocasión íamos os tres espartanos camiño da montaña nun tren, cando Patrik, aproveitando que no asento de enfrente non había ninguén, puxo os pes encima para botar unha soneca. O Nakanishi advertiulle que iso non estaba ben pero o sueco continuou coa súa; voltoulle advertir o Nakanishi e o Patrik cinco minutos despois rendiuse e acabou pondo os pes en posición normal. Rematada a nosa viaxe no tren, o Nakanishi, antes de abandonar o vagón, sacou unha toalla do seu bolso e limpou escrupolosamente o asento onde Patrik apoiara as súas pezuñas. Vaia tio.
Outra anecdota da súa bondade foi cando percorrimos o camiño de Kumano, esa peregrinación que ten tanto parecido co noso Camiño de Santiago. Pois ben, nos 4 días da viaxe, evidentemente producimos lixo, (envoltorios, residuos orgánicos, papeis, etc). Pouco a pouco enchemos unha bolsa cos nosos residuos que Nakanishi encargábase de transportar. A pesar de pasarmos por diante de moitas tendas ou estacións nas que poder tirar o lixo, o Nakanishi, aínda que escaso de forzas, regresou a Kyoto, a casa, coa bolsa, 4 días despois, para unha vez no seu lar, separar os residuos e tiralos no seu propio caixote e non molestar aos propietarios das tendas e demais (a recollida do lixo en Xapón é privada, non hai apenas caixotes do lixo públicos). manda carallo 69. Boa peza este Nakanishi. Felicidades meu.

lunes, 19 de mayo de 2008



RESTAURANTE ESPAÑOL. Rematamos a nosa viaxe na estación de Hiroshima, nun restaurante español, tomando unhas tapas e uns viños e collendo enerxías para a longa viaxe en bus nocturno que nos quedaba para regresar a Kyoto. Ollo, só eran uns 400km pero estivemos enlatados na carraca automotriz desde as 9.30 horas da noite ate as 6 da mañá. Velocidade media: uns 48 km/h e por autoestrada!!. Simplemente criminal. Bueno, hai que decir que paramos 3 horas para que o chofer botase unha soneca. Moito me recordou aos vellos tempos da Galiza ou á "rede rodoviaria" portuguesa. Xa vedes que o transporte de superficie xaponés non vós é para tanto...

VIAXES GASTRONÓMICAS. Cantas veces preguntei aos meus alumnos cal foi a principal motivo da súa viaxe e a resposta repítese continuamente. "Ai, é que quería comer o típico okonomiaki de Hiroshima" ou, "E que o sushi de Oobama éche moi famoso" e "A empanada de Arteixo éche a millorciña". Cajo nas viaxes culinarias. O certo é que os meus compañeiros de viaxe dividense en dous: Nakanishi, que alá onde for quere comer o máis famoso de todo, para iso sérvese de revistas e guías de viaxe no que se presentan os restaurantes máis famosos e as comidas máis típicas do lugar. Non dubida dar un rodeo quilométrico se con iso consigue chegar ao seu obxectivo. Logo, o segundo tipo de camiñantes son os estranxeiros, ou sexa, nós, que nos dá absolutamente igual comer alí ou alá, pois a verdade é que a min o okonomiaki de Hiroshima e o okonomiaki de Kyoto sábeme practicamente igual, e é así como a maioría das ocasións acabamos comprando un oniguiri ou bola de arroz nun super e con iso xa temos gasolina para ir arreando. (na foto tedes a cara do Reagen despois de que a camareira ou cociñeiro nos servira absolutamente o contrario do que tiñamos pedido)









TIBURON. E VAI E DEULLE POR DETRÁSss. Continuamos a nosa viaxe por Miyajima. Facemos parada nunha praia e sorpréndenos que o Nakanishi non queira entrar na auga. Vale que poñas de escusa que non tes bañador, que a auga está fria ou que a incipiente menstruación pode crear unha marea vermella. Pero é que O noso amigo comentounos que en Xapón teñen regras ata para isto, para darse un chapuzón. Por exemplo, se queredes subir o monte Fuji teredes que esperar ate o 1 de xullo que é cando "abre a sesión" de subida, e para ir a praía haivos a mesma cousa, creo que é desde a terceira semana de xuño. Regras! Ja!. Nós, estranxeiros, pasamonos estas cousas polo forro e alá foi, que o Nakanishi tivo que beber dúas cuncas do caldo que non quería porque un jichiño desgraciado deulle por detrás. Haivos malas xentes ata no Xapón.

domingo, 11 de mayo de 2008








CALVOS. Coitada a xente que sufre de alopecia, pois disque as súas cabezas semellanse cos pandeiros.
A cousa foi que mentres rubiamos o monte Misen, entre os penedos, atopamos no meio do camiño con que a xente estaba a subir comodamente neses telesféricos que vedes na foto. Iso si, previo pago de, ollo!, 1800 iens (12 euros). Indignados por considerar que semellante artefacto poluía o cume do monte sacro (a verdade é que moi indignados non estabamos e sí con ganas de troula) amosamos os nosos rabos albinos a todos aqueles que baixaban e subían naquele transporte codificado. Manda carallo cos "gaijins" (en cristián sería algo así como "guiris"), sempre a dála nota (pero que ben o pasamos!).










A ANIMALADA DA ILLA. Quizais a "animalada" da illa non sexan os numerosos cervos e macacos que a poboan, senón as ordas de turistas e domingueros que alá vamos. Senón que llo digan ao pobre tanuki (ese animaliño que aparece morto na foto, símbolo da boa sorte en Xapón) victima dun atropelo por un coche nunha illa na que os coches son máis inúteis que un supositorio de sabor limón (de lado a lado a illa tens apenas 10 kms.) e que cunha bicicleta xa podes ser o rei do manbo.




En fin, nós, pasando da turistada, decidimos tirar en dirección contraria ao templo, para o outro lado da illa, onde non atopamos ninguén mais si moitos animaliños como na foto.

viernes, 9 de mayo de 2008












MIYAJIMA. E xa chegados ao domingo, despois de durmir todo o que non puideramos durmir o día anterior, tomamos o barco e dirixímonos a Miyajima, unha das moitas belezas de Xapón.. Tratase dunha illa de 30 km de circunferencia no que aparte da fermosa costa, non hai que deixar de visitar o famosísimo "torii" ou esa especie de portería de rugby que hai perto de todos os santuarios sintoistas de Xapon. Esta é a principal atracción dos turistas, que nada máis desembarcar dirixense directos para alá, mais a verdade é que coa cantidade de xente que hai apenas se pode disfrutar. O templo ao que pertence o torii, Itsukushima, foi considerado un lugar sagrado desde os inicios de Xapón. A xente adoraba a illa pola súa beleza e por seren augas de moita pesca e protectora de ventos, ondas e piratería. Pouco a pouco foise crendo que unha deusa moraba na illa e así para recibila decidiuse construir o santuario en 811 aínda que a última reconstrución data de 1533.
Nas fotos vedes o mesmo torii en preamar e baixamar (perde bastante) .

lunes, 5 de mayo de 2008











COMA ENANOS! Despois da visita de Hiroshima, tiramos ao meio día para Miyajimaguchi, a vila onde vive Maju. Os pais acollennos extraordinariamente ben, ensinannos a súa casa (enorme para o que estamos acostumados a Xapón) e as instalacións do seu negocio (son productores de ostras e por certo, se vedes ben a foto, podedes ver que as bateas están feitas por eles mesmos, con troncos de bambú e caña). A vista desde o lugar é fermosa, algo así como a da ría de Arousa ou Noia pero áinda máis abrupta, illas e máis illas, montes, volcáns.... Unha marabilla da natureza.




Os páis, sorprendidos de ver as nosas intencións natatorias (íamoslles nadar mesmo en frente da súa da casa, no peirao; decidiron levarnos na súa barca de ruta polas inmediacións da illa de Miyajima, ensinándonos as súas bateas de ostras e levándonos a praias desérticas nas que disfrutamos dun baño como nunca o tiñamos disfrutado en Xapón. Mesmo o can, Vanila, animouse e deunos guerra dentro da auga (os rabuñazos que aínda hoxe teño na pel dan boa conta das súas artes natatorias). Experiencias inolvidábeis nun só día e aínda máis leña que a lumiera non se apague, pois aínda quedaba a barbacoa final; dous días non stop de máis e máis vivencias. (o noso ritmo de vida en Xapón e de shinkansen)

1000 GROUS. Xa sabiamos que os xaponese teñen unhas mans privilexiadas e esta destreza faise patente na finura do seu are, por exemplo no "origami" (dobrar papel). Todos temos feitos avións ou barcos de papel, os xapos tamén os fan, pero máis e mellor.
O origami forma parte da vida cotidiá dos xaponeses, calquer persoa é capaz de ler o significado das múltiplas figuras, entre elas as máis sinxelas, as "orizuru" ou grous de papel. Moitos xaponeses, se llo pides, podenche facer un grou de papel en apenas uns segundos, pero non se conforman con iso, e se algún ser querido atopase enfermo alá van eles e fanche "senzaburu" (ou mil grous de papel), para que o doente se recupere canto antes. No parque da Paz de Hiroshima milleiros de grous penduran de todos os monumentos que recordan as víctimas. Ogalla as grous non fosen necesarias.
(na foto, aos lados do monumento, podedes observar os milleiros de grous -en castelán "grullas"- de papel. Un exemplo dos moitos que podedes atopar nese parque)

domingo, 4 de mayo de 2008


ANFITROA. Maju, a moza de Patrik, a que vive penelopianamente, esperando un amor que sabe Deus se voltará, acolleunos xunto coa súa familia como se fosemos parte dela. Primeiramente acompañounos por Hiroshima e levounos a un restaurante famoso de Okonimiaki, a pizza xaponesa. Logo deiunos pousada na casa dos pais, mesmo en frente da illa de Miyajima e aínda por riba puidemos celebrar a nosa chegada perto do mar cunha viaxe en barco polos arredores da illa e logo rematar o día cunha barbacoa xunto dos seus país. Quen dixo que os xaponeses eran frios!










DE NOVO OS MOSQUETEIROS DE RUTA, esta vez tocou viaxar para o sur de Honshu, visitando Hiroshima e a pequena illa de Miyajima, un dos 3 lugares máis belos de Xapón, xunto a Amano Hashidate (que xa visitei hai un ano) e Matsushima, no norte de Tokyo (quizais a miña próxima parada?).




A viaxe comezou o venres despois do choio, como sempre, saíndo a horas intepestivas, collo o tren que me leva perto dos outros viaxeiros, o infatigábel comedor Nakanishi Kunikun e o español adoptivo Reagen Ayanami. Despois de cambiar catro veces de tren nun traxecto de 220 km., shinkansen incluído, atópome en Okayama, na metade do camiño, cos colegas. Son as 11.30 da noite e non temos hotel nen tren, asi que decidimos facer noite na barra dun bar, cantando a xeito de karaoke mentres damos conta de meia ducia de cervexas. As 4 da madrugrada, cos camareiros ate os mismisimos, saímos arrastrados e tumbados diante da estación, nunha escaleiras, deixamos que pasen duas horiñas durmindo a mona, ate que collemos o tren que nos deixou en Hiroshima as 8.30 da mañá. Aínda co automático posto, pois o alcool aínda facía efecto, visitamos a cidade xunto coa nosa anfitriona, Maju, a moza do Patrik, o noso amigo sueco.
Hiroshima e unha cidade nova, xa podedes imaxinar desgraciadamente o porqué. Grandes e luminosas avenidas que cruzan cantidade de canais. Antigüedades haivos poucas e o lugar máis famoso e que merece visita e o Parque da Paz e o seu museo. Pasamos a mañá recapacitando sobre as fatalidades da evolución cando o poder cae en más mans e tamén aprendimos como hai que aprender a perdoar e acabar asi coas xenreiras que tanto mal fan.

domingo, 27 de abril de 2008


NON FUMAR. As regras esténdense e chegan tamén a Kyoto. O concello decidíu proibir o consumo de tabaco fumable nas rúas do centro de Kyoto, como se na Coruña proiben fumar en San Andrés, na rúa Real e toda a zona de copas. Ían dados.

A excusa que poñen para impor esta nova norma é que hai un par de meses un fumador quemoulle un ollo a un rapaz que paseaba pola rúa. Insensato!, semellante acto vaille custar a liberdade de fumarse un ciga a un grande grupo de xaponeses.

A min, a verdade e que ma trae frouxa, pois non son fumador, pero pareceme un pouco excesivo isto de proibir fumar ao ar. Comézase por isto e acábase ...

domingo, 20 de abril de 2008


HAICHE NOMES E NOMES. Tocame la PO, ya no te lo digo, tocame la CHO, rabo de gorrino.
A tortilla de con cebola non ía ter moito éxito na nosa terra se o latín non tivese evolucionado. Bendita etimoloxía.

viernes, 18 de abril de 2008















SAKURA. E un ano máis chegou a época das cerdeiras e igual de rápido que veu foise. A sorte é que grazas a miña bici ou ás boas pernas que teño, puiden viaxar de sul a norte para estender un pouco máis esta época de flores como neve e paisaxes tinxidas de branco. E alá fumos o Nakanishi e máis o que aquí escribe, camiño de Yoshino, a "capital" das cerdeiras. A viaxe foi célere, saimos o venres a noite, as 9 e meia, coas bicis metidas nas bolsas subimos a un tren que nos deixou ao pe da montaña a iso das 12. Montamos as bicis e subimos varios quilometros ata o decidido lugar de pernocta. Pernocta pernocta non houbo, sentamos 20 minutos e as 3 da mañá o frio xa non nos deixaba ternos así que paseamos toda a noite, movéndonos para sentir algo de calor. As catro e meia, aínda noite, recollemos e tiramos pra riba, case sen ver vamos subindo e disfrutando como o desexado sol vai saíndo e quentando a estrada e os nosos corpos, xa templados pola exixencia da subida. (hai tedes, na foto, o perfil da ruta baixo a nosa sombra). Chamounos a atencion que xa desde as 5 da mañá a zona encherase de ordas de vellos e vellas que subían en masa todo equipados para pasar un día de paseo e pitanza. Os vellos no monte e os xoves na cama, o mundo do revés.


O Nakanishi non daba moito así que cambiamos as bicis, pero nen así. Xa de novo no ponto de saída tomamos fotos e iniciamos o regreso (en bici) Outros 90 km ate Kyoto, planos pero co vento en contra e eu cagandome en Eolo e no cicloturismo. O día fixose longo, pois desde as 4 e meia da mañá ata as 7 estivemos dandolle á manivela, pero, a verdade, mereceu a pena.

lunes, 14 de abril de 2008


KAIRO. Xa todos sabedes que os xaponeses están en todo; calquer cousa imaxinable xa está inventada en Xapón, e unha das cousas máis úteis son os "kairos". Os que seguides o blog xa pudéchedes comprobar que o inverno aquí non é como en Ghana e a xente non canta "Galicia banana". Aquí o inverno éche crú, vai frio e humidade, polo que a sensación de conxelarse é intensa. E para combatir este mal corpo os nipóns usan os "kairos", pequenas bolsiñas con "nonseiqué" mineral dentro que unha vez abertas son colocadas polo usuario no lugar que el decida e tes esa zona do corpo quente por unhas 8 ou 12 horas. Invento do copón que aínda non chegou a Europa pero que non tardará. O prezo ronda os 2 ou 3 euros un paquete de 6 e tede ollo, que se o colocades directamente na pel podedes quedar fritidos nun santiamén. Moi recomendable para os que ides ao monte coma min (aínda que eu só o utilizei dúas veces, espartanismo ao poder!)



FOISE. Levouno o ar, nun avión de Air Quatar partiu camiño de terras aínda conxeladas o noso amigo Patrik Karlsson, Patricio. Deixounos sós e deixouna tamén soa. A moza queda en Xapón, pendente do tempo e supoño que tecendo e destecendo como o fio de Ariadna, esperando o seu Ulises que quizais non volverá.


Houbo moitas festas de despedida, moitos karaokes, moitas ceas, moitas risas e bagoas, pero quizais foi a última noite a máis emotiva, xuntos os catro tunantes, nun karaoke, cantando ata as tantas, o Nakanishi cunha corrosca que nin pa qué, ao fin tivemos que deixalo na rúa, co frio que facía, para dormir a mona, xa de mañá remolcámolo para casa nun taxi. Pero antes das consecuencias previstas do alcool, houbo risas, bagoas e rematamos todo cantando NON TE VAIAS RIANXEIRA (Patochán, un saúdo desde Xapón) (Na foto podedes ver xa as meio bágoas nos olliños do Patricio e o Nakanishi todo gayer a chorar a perda do "amigo" xa todo cocido, o pobre non daba máis)

miércoles, 2 de abril de 2008

"Stupeur et Tremblements". Comentaba alguén anónimo neste blog que cómo reacionaran os xaponeses ante o filme francés "Stupeur et Tremblements". O certo é que esta cinta aínda non se debeu pasar en Xapón e se o fai será en salas non "comerciais". Eu tampouco tiven a oportunidade de velo, aínda que si lin algo del en internet. A verdade é que en Xapón podemos atopar de todo, existen os contrastes máis extremos en canto a traballo, regras, roupas, modais, etc, e o certo é que no mundo laboral hai moito pisoteador e pisoteado. Aquí non existen os sindicatos, e as horas extras "voluntarias" son algo do máis normal e xa perfectamente asumido. As empresas son os verdadeiros deuses do páis.
Sobre o cine tamén quería comentar algo; a súa influéncia é nula en Xapón, por exemplo, Kyoto, cidade de 1.500.000 habitantes conta con apenas 6 cines e máis ou menos as mesmas salas que A Coruña. Ademais, case todas as producións chegan con bastante retraso e por poñer un exemplo, hai películas que demoran máis de dous anos en poder ser vistas aquí, aínda que as veces isto resulta bo, pois aínda non puidemos "disfrutar" da última versión stalloniana de Rambo (por certo, "rambo" significa -violento- en xaponés).
En fin, gustaríame comentar moito máis sobre cine e sobre esa película francesa pero por problemas de tempo ríndome a poder falar algún día persoalmente coa personaxe que fixo o comentario. Graciñas.








NEVOU E NON ESCANPOU. Semella que este ano, a diferenza do anterior, o quecemento global non afectou tanto a Kyoto e deixounos paisaxes invernais durante un bo par de meses. Se o inverno pasado caracterizarase pola seca, este ano nevou e volveu nevar, e non só nas montañas se non que tamén en Kyoto. E nun deses fins de semanas de tolemia, decisións tomadas en plena efervescencia alcoólica psicotrópica, decidimos coller tren e manta e tirar para o monte. Mala hora, a viaxe de ida foi para matar a resaca, algúns dormindo a mona e outros facendoa. Na foto xa podedes ver como íamos de abrigados, e iso dentro do tren; fóra... buff, nen pensalo. Enchegados ao noso destino, entre bolas e coñas, comezamos a ascensión, que a penas nos levou unha hora, o tempo que tardamos en decatarnos de que nin pa dios íamos chegar á a priori concertada meta. 420 metros, iso é todo o que puidemos subir nunha hora. Insensatos, máis de un metro de neve impedíanos o paso, e aínda que tentamos facer natación encima da parede branco, tras uns trinta metros ao estilo "de espalda" o berro de "itaiiiii" (ou, "doe carallo") fixonos tirar pra baixo co rabo entre as patas e conxeladiños como waltdisney.