MONTAÑA. Chegado o inverno a Xapón, chega tamén a neve. E se hai neve, velaí está o Iago. Aínda que en Xapón hai poucos festivos, un dos máis longos son nestas datas, este ano desde o día 1 até o 4 foi festivo, e eu como fixen acueducto pois tirei para o monte, como as cabras. E realmente foi como as cabras, 50 km. de carreira, a trote machacante e cheo de neve. Unha outra experiencia máis neste país tan cheo de contrastes, entre o tropical e o alpino (Xapón é o páis do mundo no que máis precipitacións en forma de neve hai). Eu acabei destrozado, o meu corpo en loita coa natureza, harmonizandose, sentindo de verdade o que é o frio, a fame, o cansancio. A verdadeira humanización non está nas cidades.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario