miña peregrinación por terras xaponesas. Experiencia única cos meus mellores amigos aquí en Xapón Patrik Carlsoon, de nacionalidade sueca, e Nakanishi, Kunihito, xaponés. Compartir cos que queres a felicidade foi sen dúbida o mellor deste nosos "camiño" e por iso decidimos coller os macutos os tres aventureiros e lanzarnos en pleno inverno a papar frio e coñecer e coñecernos máis. Son estas viaxes, como as que fixen a Marrocos co club Artabros, ou aquela co meu pai e meu irmán aos Ancares, as frecuentes visitas aos Pirineos con toda a familia, ..., son as viaxes recordos inborrábeis e que forman a miña personalidade. Viaxeiro no Xapón, recordos que quedarán para sempre e que non consigo aínda tirar da cabeza cada vez que vexo as fotos. Sentimento de nostalxia por sensacións que dificilmente volverán pero que hai que aprender a asimilar. Iso debe ser un dos secretos da vida, saber asumir o paso do tempo.
martes, 19 de febrero de 2008

KUMANO KODO
dun Patrimonio da Huminadade, ruta de peregrinaxe hermandada co noso Camiño de Santiago que percorre a parte máis meridional da illa de Honsu, a máis grande de Xapón. Son 500 kms. para visitar os tres templos principasi sintoistas: Hongu, Hayatama e Nachi, onde se atopa tamén a fervenza máis alta de Xapón. O camiño está perfectamente conservado, como na antiguedade no período Edo, no século XVII, cando o señor Tokugawa o creou e instalou homes para mantelo e cobrar tamén as peaxes.
A viaxe comenzou para Patrik e Nakanishi o venres ao amencer e para min o sábado as 4 da mañá, despois dun bo almorzo fun correndo ata a estación de Kyoto, (5km), logo case 4 horas de tren ata Kii Tanabe, onde comeza o camiño. Alí tiña pensado coller un bus para atopar aos meus amigos pero resultou que por culpa do inverno non había servizo, e sen pensalo dúas veces e confiando nas miñas forzas (armado dun mapa caralludo, cos desniveis e horarios) comenzei a correr como un tolo polo monte. Despois duns 20 kms as carreiras logrei ver na neve as pegadas dos meus amigos, e a medida que se facían máis profundas a miña confianza medraba e o medo a non atopalos disipábase. No cume dunha colina foi cando divisei dous sombreiros e alá estaban o par de peregrinos, derrotados, derrubados encima duns penedos. O Nakanishi notaba xa as dificuldades de levar 30 kilos de peso. Que animal! O tio levaba cociña, tenda de campaña, duas esterillas, dous pares de botas, e a lista eternizase. Continuamos a ruta que nos levaría por Hongu (fixemos noite), Nachi (outra noite) e finalmente o mar en Kumano e Shirahama. A cousa a verdade, e aínda que tiven que levar dúas mochilas, a miña e a do Nakanishi, fíxoseme menos dura que o Camiño de Santiago, quizais por ser moito máis explosivo (fixémola rota en 3 días e so 100 kms frente aos 170 que fixera do Camiño) e tamén pola idade, xa agora máis maduro. En fin, unha marabilla de rota e todo foron alegrías e boas experienciasO camiño é fermoso, quizais máis que o noso, pois é máis natural e está inzado de montañas, rios, vales, augas termais, fervenzas,..., é dicir, absolutamente natural. Tamén ten instalados toilets e algunhas cabañas para descansar ao longo do camiño, pero a verdade é que cando fomos nós, non foron necesarias pois nos tres días que percorremos a zona, facendo uns 100 kms, non atopamos nen un so peregrino. Cousas da metereoloxía e a época do ano.

jueves, 14 de febrero de 2008