martes, 19 de febrero de 2008



ONSEN. Un oasis de calor na montaña, todo o dia nevando, pisando sobre mollado, empapados, e cando xa a moral decaía, alá no meio dun río, xa na noitiña, cando non sabiamos onde meternos e acampar, atopamos aquela fonte de calor no meio do regato. Augas termais, calor quizais do averno, calor telúrico, a nós dábanos igual de onde viña, a cousa era deixar atrás o frio. Non o dubidamos, tiramos as roupas e no meio da neve entramos nas augas quentes do onsen, sen pagar, sen xente a molestar, en consonacia coa natureza e pese aos berros de vergoña do Nakanishi, que "tapasemos aqueles pingallos que metian medo", que "aquilo non era normal". Cousas das proporcións e perspectivas. (debido ao bafo que había non puidemos sacar mellores fotos).

No hay comentarios.: