martes, 19 de febrero de 2008




OS PROTAGONISTAS DA VIAXE. Sen dúbida nunca esquecerei esta

miña peregrinación por terras xaponesas. Experiencia única cos meus mellores amigos aquí en Xapón Patrik Carlsoon, de nacionalidade sueca, e Nakanishi, Kunihito, xaponés. Compartir cos que queres a felicidade foi sen dúbida o mellor deste nosos "camiño" e por iso decidimos coller os macutos os tres aventureiros e lanzarnos en pleno inverno a papar frio e coñecer e coñecernos máis. Son estas viaxes, como as que fixen a Marrocos co club Artabros, ou aquela co meu pai e meu irmán aos Ancares, as frecuentes visitas aos Pirineos con toda a familia, ..., son as viaxes recordos inborrábeis e que forman a miña personalidade. Viaxeiro no Xapón, recordos que quedarán para sempre e que non consigo aínda tirar da cabeza cada vez que vexo as fotos. Sentimento de nostalxia por sensacións que dificilmente volverán pero que hai que aprender a asimilar. Iso debe ser un dos secretos da vida, saber asumir o paso do tempo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

いあご~!!

Anónimo dijo...

See HERE

Anónimo dijo...

See Here or Here

Anónimo dijo...

Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Home Theater, I hope you enjoy. The address is http://home-theater-brasil.blogspot.com. A hug.

Anónimo dijo...

Levas case mes e meio sen engadir nada novo ao teu blog :o(

Encántame ler sobre as túas vivencias, as túas reflexións, e contemplar as túas fotos dun país a onde seguramente xamais irei.

Por certo, xa que escribo isto, téñoche que pedir un favor. Se viches o filme "Stupeur et Tremblements" ou liches o libro autobiográfico do mesmo título de Amélie Nothomb, poderías comentalo un día no teu blog? É verídico, é unha exaxeración? Como reaccionaron os xaponeses?

Bicos apaixoados,