lunes, 14 de abril de 2008




FOISE. Levouno o ar, nun avión de Air Quatar partiu camiño de terras aínda conxeladas o noso amigo Patrik Karlsson, Patricio. Deixounos sós e deixouna tamén soa. A moza queda en Xapón, pendente do tempo e supoño que tecendo e destecendo como o fio de Ariadna, esperando o seu Ulises que quizais non volverá.


Houbo moitas festas de despedida, moitos karaokes, moitas ceas, moitas risas e bagoas, pero quizais foi a última noite a máis emotiva, xuntos os catro tunantes, nun karaoke, cantando ata as tantas, o Nakanishi cunha corrosca que nin pa qué, ao fin tivemos que deixalo na rúa, co frio que facía, para dormir a mona, xa de mañá remolcámolo para casa nun taxi. Pero antes das consecuencias previstas do alcool, houbo risas, bagoas e rematamos todo cantando NON TE VAIAS RIANXEIRA (Patochán, un saúdo desde Xapón) (Na foto podedes ver xa as meio bágoas nos olliños do Patricio e o Nakanishi todo gayer a chorar a perda do "amigo" xa todo cocido, o pobre non daba máis)

No hay comentarios.: