viernes, 18 de abril de 2008















SAKURA. E un ano máis chegou a época das cerdeiras e igual de rápido que veu foise. A sorte é que grazas a miña bici ou ás boas pernas que teño, puiden viaxar de sul a norte para estender un pouco máis esta época de flores como neve e paisaxes tinxidas de branco. E alá fumos o Nakanishi e máis o que aquí escribe, camiño de Yoshino, a "capital" das cerdeiras. A viaxe foi célere, saimos o venres a noite, as 9 e meia, coas bicis metidas nas bolsas subimos a un tren que nos deixou ao pe da montaña a iso das 12. Montamos as bicis e subimos varios quilometros ata o decidido lugar de pernocta. Pernocta pernocta non houbo, sentamos 20 minutos e as 3 da mañá o frio xa non nos deixaba ternos así que paseamos toda a noite, movéndonos para sentir algo de calor. As catro e meia, aínda noite, recollemos e tiramos pra riba, case sen ver vamos subindo e disfrutando como o desexado sol vai saíndo e quentando a estrada e os nosos corpos, xa templados pola exixencia da subida. (hai tedes, na foto, o perfil da ruta baixo a nosa sombra). Chamounos a atencion que xa desde as 5 da mañá a zona encherase de ordas de vellos e vellas que subían en masa todo equipados para pasar un día de paseo e pitanza. Os vellos no monte e os xoves na cama, o mundo do revés.


O Nakanishi non daba moito así que cambiamos as bicis, pero nen así. Xa de novo no ponto de saída tomamos fotos e iniciamos o regreso (en bici) Outros 90 km ate Kyoto, planos pero co vento en contra e eu cagandome en Eolo e no cicloturismo. O día fixose longo, pois desde as 4 e meia da mañá ata as 7 estivemos dandolle á manivela, pero, a verdade, mereceu a pena.

No hay comentarios.: