DE NOVO OS MOSQUETEIROS DE RUTA, esta vez tocou viaxar para o sur de Honshu, visitando Hiroshima e a pequena illa de Miyajima, un dos 3 lugares máis belos de Xapón, xunto a Amano Hashidate (que xa visitei hai un ano) e Matsushima, no norte de Tokyo (quizais a miña próxima parada?).
A viaxe comezou o venres despois do choio, como sempre, saíndo a horas intepestivas, collo o tren que me leva perto dos outros viaxeiros, o infatigábel comedor Nakanishi Kunikun e o español adoptivo Reagen Ayanami. Despois de cambiar catro veces de tren nun traxecto de 220 km., shinkansen incluído, atópome en Okayama, na metade do camiño, cos colegas. Son as 11.30 da noite e non temos hotel nen tren, asi que decidimos facer noite na barra dun bar, cantando a xeito de karaoke mentres damos conta de meia ducia de cervexas. As 4 da madrugrada, cos camareiros ate os mismisimos, saímos arrastrados e tumbados diante da estación, nunha escaleiras, deixamos que pasen duas horiñas durmindo a mona, ate que collemos o tren que nos deixou en Hiroshima as 8.30 da mañá. Aínda co automático posto, pois o alcool aínda facía efecto, visitamos a cidade xunto coa nosa anfitriona, Maju, a moza do Patrik, o noso amigo sueco.
Hiroshima e unha cidade nova, xa podedes imaxinar desgraciadamente o porqué. Grandes e luminosas avenidas que cruzan cantidade de canais. Antigüedades haivos poucas e o lugar máis famoso e que merece visita e o Parque da Paz e o seu museo. Pasamos a mañá recapacitando sobre as fatalidades da evolución cando o poder cae en más mans e tamén aprendimos como hai que aprender a perdoar e acabar asi coas xenreiras que tanto mal fan.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario