MIYAJIMA. E xa chegados ao domingo, despois de durmir todo o que non puideramos durmir o día anterior, tomamos o barco e dirixímonos a Miyajima, unha das moitas belezas de Xapón.. Tratase dunha illa de 30 km de circunferencia no que aparte da fermosa costa, non hai que deixar de visitar o famosísimo "torii" ou esa especie de portería de rugby que hai perto de todos os santuarios sintoistas de Xapon. Esta é a principal atracción dos turistas, que nada máis desembarcar dirixense directos para alá, mais a verdade é que coa cantidade de xente que hai apenas se pode disfrutar. O templo ao que pertence o torii, Itsukushima, foi considerado un lugar sagrado desde os inicios de Xapón. A xente adoraba a illa pola súa beleza e por seren augas de moita pesca e protectora de ventos, ondas e piratería. Pouco a pouco foise crendo que unha deusa moraba na illa e así para recibila decidiuse construir o santuario en 811 aínda que a última reconstrución data de 1533.
Nas fotos vedes o mesmo torii en preamar e baixamar (perde bastante) .
No hay comentarios.:
Publicar un comentario