TIBURON. E VAI E DEULLE POR DETRÁSss. Continuamos a nosa viaxe por Miyajima. Facemos parada nunha praia e sorpréndenos que o Nakanishi non queira entrar na auga. Vale que poñas de escusa que non tes bañador, que a auga está fria ou que a incipiente menstruación pode crear unha marea vermella. Pero é que O noso amigo comentounos que en Xapón teñen regras ata para isto, para darse un chapuzón. Por exemplo, se queredes subir o monte Fuji teredes que esperar ate o 1 de xullo que é cando "abre a sesión" de subida, e para ir a praía haivos a mesma cousa, creo que é desde a terceira semana de xuño. Regras! Ja!. Nós, estranxeiros, pasamonos estas cousas polo forro e alá foi, que o Nakanishi tivo que beber dúas cuncas do caldo que non quería porque un jichiño desgraciado deulle por detrás. Haivos malas xentes ata no Xapón.
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
1 comentario:
O que escribiches espertoume lembranzas vellas. A min por desgraza tamén me inculcaron unha estúpida superstición sobre datas nas que un se pode bañar cando eu era cativo... e iso que pasei a meirande parte da miña nenez na Terrachá. Esta necia crenza amargoume uns cantos veráns.
A miña nai dicíame que un só se podía bañar no río entre a festa do Carme (16 de Xullo) e a da Asunción (15 de Agosto), pois só daquela estaban as augas "benditas". Sintíame como se me estiver arriscando a vida e pecando á vez se me metía no río fóra desas datas.
Cando era algo maior e lle perguntei a miña nai cal era a base dese precepto, que nunca lera na Biblia, nen oíra no Catecismo nen en ningures, ela respostoume que sempre llo oíra ás monxas no colexio da Coruña a onde ela fora de pequena. Asusta que a xente poida aceptar e transmitir normas ridículas e carentes de sentido, sen un pouco de espírito crítico.
Publicar un comentario