VIAXES GASTRONÓMICAS. Cantas veces preguntei aos meus alumnos cal foi a principal motivo da súa viaxe e a resposta repítese continuamente. "Ai, é que quería comer o típico okonomiaki de Hiroshima" ou, "E que o sushi de Oobama éche moi famoso" e "A empanada de Arteixo éche a millorciña". Cajo nas viaxes culinarias. O certo é que os meus compañeiros de viaxe dividense en dous: Nakanishi, que alá onde for quere comer o máis famoso de todo, para iso sérvese de revistas e guías de viaxe no que se presentan os restaurantes máis famosos e as comidas máis típicas do lugar. Non dubida dar un rodeo quilométrico se con iso consigue chegar ao seu obxectivo. Logo, o segundo tipo de camiñantes son os estranxeiros, ou sexa, nós, que nos dá absolutamente igual comer alí ou alá, pois a verdade é que a min o okonomiaki de Hiroshima e o okonomiaki de Kyoto sábeme practicamente igual, e é así como a maioría das ocasións acabamos comprando un oniguiri ou bola de arroz nun super e con iso xa temos gasolina para ir arreando. (na foto tedes a cara do Reagen despois de que a camareira ou cociñeiro nos servira absolutamente o contrario do que tiñamos pedido)
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario