lunes, 21 de enero de 2008






VOLCANS. E máis montes, e haivos centos; a beleza natural de Xapón é incríbel. Cando era novo pensaba que non había terra máis fermosa que Galiza, despois viaxei e só cando un se abre e aprende é cando se decata do moito que nos miramos o embigo.

viernes, 4 de enero de 2008


R.I.P. Non, non son as iniciais de "requiem in pacem", son as nosas, as dos tres mosqueteiros que foron de parranda, Reagen, Iago e Patrik.

BUDA. E no meio do monte apareceu El, e vimos a luz.


SISTEMAS. Xa vos comentei a cantidade de neve que cae en Xapón, algo de tolos. Para limpar a saída da casa e poder sair tomar un quinto na tasca, haivos sistemas e sistemas. Xa sabedes como son os xaponeses para estas cousiñas, estanvos en todo.







MONTAÑA 2. Unha cousa é viaxar só e outra moito distinta é facelo cos amigos. Aproveitando as neves caídas e que o meu amigo Reagen, o indonesio, nunca vira a neve, alá fomos ensinarlla o meu sueco amigo Patrik mais eu. Unhas risas. Veña eu tentando poñer orden e a guiar a expedición pero non había maneira. Así foi, que entre brincos, puteos e xogos, ese par de rapazes acabaron desfondados. Pero antes deunos tempo a montala ben na montaña en plena nevada (me cago nas prediccións metereolóxicas). O boneco de neve non ten desperdicio e ven todo detallado. Os xapos quedaban abraidos (seica nunca viran pingallo de semellante tamaño).


MONTAÑA. Chegado o inverno a Xapón, chega tamén a neve. E se hai neve, velaí está o Iago. Aínda que en Xapón hai poucos festivos, un dos máis longos son nestas datas, este ano desde o día 1 até o 4 foi festivo, e eu como fixen acueducto pois tirei para o monte, como as cabras. E realmente foi como as cabras, 50 km. de carreira, a trote machacante e cheo de neve. Unha outra experiencia máis neste país tan cheo de contrastes, entre o tropical e o alpino (Xapón é o páis do mundo no que máis precipitacións en forma de neve hai). Eu acabei destrozado, o meu corpo en loita coa natureza, harmonizandose, sentindo de verdade o que é o frio, a fame, o cansancio. A verdadeira humanización non está nas cidades.