martes, 19 de febrero de 2008




OS PROTAGONISTAS DA VIAXE. Sen dúbida nunca esquecerei esta

miña peregrinación por terras xaponesas. Experiencia única cos meus mellores amigos aquí en Xapón Patrik Carlsoon, de nacionalidade sueca, e Nakanishi, Kunihito, xaponés. Compartir cos que queres a felicidade foi sen dúbida o mellor deste nosos "camiño" e por iso decidimos coller os macutos os tres aventureiros e lanzarnos en pleno inverno a papar frio e coñecer e coñecernos máis. Son estas viaxes, como as que fixen a Marrocos co club Artabros, ou aquela co meu pai e meu irmán aos Ancares, as frecuentes visitas aos Pirineos con toda a familia, ..., son as viaxes recordos inborrábeis e que forman a miña personalidade. Viaxeiro no Xapón, recordos que quedarán para sempre e que non consigo aínda tirar da cabeza cada vez que vexo as fotos. Sentimento de nostalxia por sensacións que dificilmente volverán pero que hai que aprender a asimilar. Iso debe ser un dos secretos da vida, saber asumir o paso do tempo.
KUMANO KODO





KUMANO KODO. Tratase este


dun Patrimonio da Huminadade, ruta de peregrinaxe hermandada co noso Camiño de Santiago que percorre a parte máis meridional da illa de Honsu, a máis grande de Xapón. Son 500 kms. para visitar os tres templos principasi sintoistas: Hongu, Hayatama e Nachi, onde se atopa tamén a fervenza máis alta de Xapón. O camiño está perfectamente conservado, como na antiguedade no período Edo, no século XVII, cando o señor Tokugawa o creou e instalou homes para mantelo e cobrar tamén as peaxes.

A viaxe comenzou para Patrik e Nakanishi o venres ao amencer e para min o sábado as 4 da mañá, despois dun bo almorzo fun correndo ata a estación de Kyoto, (5km), logo case 4 horas de tren ata Kii Tanabe, onde comeza o camiño. Alí tiña pensado coller un bus para atopar aos meus amigos pero resultou que por culpa do inverno non había servizo, e sen pensalo dúas veces e confiando nas miñas forzas (armado dun mapa caralludo, cos desniveis e horarios) comenzei a correr como un tolo polo monte. Despois duns 20 kms as carreiras logrei ver na neve as pegadas dos meus amigos, e a medida que se facían máis profundas a miña confianza medraba e o medo a non atopalos disipábase. No cume dunha colina foi cando divisei dous sombreiros e alá estaban o par de peregrinos, derrotados, derrubados encima duns penedos. O Nakanishi notaba xa as dificuldades de levar 30 kilos de peso. Que animal! O tio levaba cociña, tenda de campaña, duas esterillas, dous pares de botas, e a lista eternizase. Continuamos a ruta que nos levaría por Hongu (fixemos noite), Nachi (outra noite) e finalmente o mar en Kumano e Shirahama. A cousa a verdade, e aínda que tiven que levar dúas mochilas, a miña e a do Nakanishi, fíxoseme menos dura que o Camiño de Santiago, quizais por ser moito máis explosivo (fixémola rota en 3 días e so 100 kms frente aos 170 que fixera do Camiño) e tamén pola idade, xa agora máis maduro. En fin, unha marabilla de rota e todo foron alegrías e boas experiencias

O camiño é fermoso, quizais máis que o noso, pois é máis natural e está inzado de montañas, rios, vales, augas termais, fervenzas,..., é dicir, absolutamente natural. Tamén ten instalados toilets e algunhas cabañas para descansar ao longo do camiño, pero a verdade é que cando fomos nós, non foron necesarias pois nos tres días que percorremos a zona, facendo uns 100 kms, non atopamos nen un so peregrino. Cousas da metereoloxía e a época do ano.


ORAR. E claro está, nun camiño de espiritualidade, de busqueda da virtude e coñecemento do que un realmente é e de como convivir coa natureza, había tamén momentos para o recollemento e a oración. Ave María Purísima.

Había tamén paisaxes fermosas.



CALENDARIO MICHELIN PARA CAMIONEIROS SOLIARIOS. E eu non sei o que ocorre, pero sempre que saímos fóra da casa atopamonos con estes individuos que estrañamente parecense a nós coa única salvedade da súa diferente tendencia sexual. Malia o frio que había, os tres gayers non dubidaron en espirse para ensinarnos as suas "gracias".



No meio do camiño tamén tivemos repouso.










E despois do bo tempo chegou a neve, non tanta como o pasado fin de semana, que de novo os tres camiñantes fomos ao monte pero esta vez si que non puidemos pasar da primeira etapa, mais dun metro de neve impedionolo. Impresionante. Nesta nosa viaxe por Kumano a neve non foi tan estricta con nós, e deixounos pasar polos sen máis dificuldade que o mollarnos coa súa suavidade branca.


ONSEN. Un oasis de calor na montaña, todo o dia nevando, pisando sobre mollado, empapados, e cando xa a moral decaía, alá no meio dun río, xa na noitiña, cando non sabiamos onde meternos e acampar, atopamos aquela fonte de calor no meio do regato. Augas termais, calor quizais do averno, calor telúrico, a nós dábanos igual de onde viña, a cousa era deixar atrás o frio. Non o dubidamos, tiramos as roupas e no meio da neve entramos nas augas quentes do onsen, sen pagar, sen xente a molestar, en consonacia coa natureza e pese aos berros de vergoña do Nakanishi, que "tapasemos aqueles pingallos que metian medo", que "aquilo non era normal". Cousas das proporcións e perspectivas. (debido ao bafo que había non puidemos sacar mellores fotos).



Tras a dura camiñata do dia, recorridos mais de 40 kilometros en 6 horas, ao trote lexionario e con mais de trinta kilos nas costas, o descanso atopamolo gracias a nai do Nakanishi, que despois da chamada de axuda do seu fillo enviounos o enderezo deste bo home, que tiña unha pousada a uns 7 km de onde estabamos, collemos os macutos e alá fomos, o Nakanishi arrastrandose como podia. O home recibiunos como se fosemos da familia, mostrounos o camiño para o día seguinte e mentres bebiamos unha merecida cervexa falabamos de relixión e das bondades e dificuldades de vivir no campo. Boa conversa e boa xente, como recordo deixamoslle a nosa sinatura, pois a filla que tiña, de 9 anos, non tiña visto un gaijin (estranxeiro) na sua vida, e chamoulle a atencion os nosos ollos e ese xapones tan malo que falábamos


CASCADA. E xa enchegándomos ao fin da nosa rolda, visitamos a fervenza máis grande de Xapón, con máis de 100 metros, Nachi. Ubicada perto duns templos, é unha lástima que ao seu arredor haxa tanta "civilización" que desnaturaliza o que en realidade tiña que ser natural. Será porque viñamos do monte, da nada, de non atopar ninguén nen a penas rastros de humanos nun par de días, mais o certo e que chegados á dita fervenza, ningún de nós botou un berro de sorpresa ante a grandeza da cascada. Bonita, pero sen botar foguetes.








A RECOMPENSA. E tras pasar un frio do carallo, sen poder durmir a pesar dos inventos xaponeses, tras as neves, os montes, as subidas e máis subidas rematamos a nosa viaxe no mar, como tamén o fai o Camiño cando se visita Fisterra. O mar, precioso, azul e nun día de frio pero co sol radiante, azul. Tanto era o bo tempo que a auga, malia estarmos en inverno e a uns 3 ou 4 graos, convidaba a entrar, e alá fun eu, a falta de de bañador, en porrancha viva. A xente abraiada, e non so por tomar en baño en inverno, tamén polo outro.

jueves, 14 de febrero de 2008




NEVE. Xa comentara noutros posts que Xapón ten unha climatoloxía curiosa, pois nestas illas xuntanse o tropical máis o alpino e ten Xapón o record mundial de neve caída por un ano. E aínda que a cidade de Kyoto non é un dos lugares nos que máis neve cai, o pasado fin de semana veu un "fubuki" ou tormenta de neve que deixou vinte centimetros en apenas un par de horas. E nós, un par de días despois alá fumos a disfrutar das paisaxes brancas, correndo coma tolos polo monte, con calzado de verán e caendo como caen as copas cando saimos de festa, bendita neve.