"
Stupeur et Tremblements". Comentaba alguén anónimo neste blog que cómo reacionaran os xaponeses ante o filme francés "Stupeur et Tremblements". O certo é que esta cinta aínda non se debeu pasar en Xapón e se o fai será en salas non "comerciais". Eu tampouco tiven a oportunidade de velo, aínda que si lin algo del en internet. A verdade é que en Xapón podemos atopar de todo, existen os contrastes máis extremos en canto a traballo, regras, roupas, modais, etc, e o certo é que no mundo laboral hai moito pisoteador e pisoteado. Aquí non existen os sindicatos, e as horas extras "voluntarias" son algo do máis normal e xa perfectamente asumido. As empresas son os verdadeiros deuses do páis.
Sobre o cine tamén quería comentar algo; a súa influéncia é nula en Xapón, por exemplo, Kyoto, cidade de 1.500.000 habitantes conta con apenas 6 cines e máis ou menos as mesmas salas que A Coruña. Ademais, case todas as producións chegan con bastante retraso e por poñer un exemplo, hai películas que demoran máis de dous anos en poder ser vistas aquí, aínda que as veces isto resulta bo, pois aínda non puidemos "disfrutar" da última versión stalloniana de Rambo (por certo, "rambo" significa -violento- en xaponés).
En fin, gustaríame comentar moito máis sobre cine e sobre esa película francesa pero por problemas de tempo ríndome a poder falar algún día persoalmente coa personaxe que fixo o comentario. Graciñas.