martes, 18 de septiembre de 2007




CHEGAR E MOLLAR... O PADAL. (Ah, as cervexas do verán, ah, os amigos).
E xa chegados a Xapón, tras o meu paso por Coruña, entrados en vereda nipona, a benvida foi colofónica. Tras 28 horas de viaxe, tras sair da Coruña e facer escala en Madrid e Seul, cheguei a Kyoto a iso das 12.30 da noite, hora local. Recibo chamada de acollida, "Iagoo, cabronazo, vente rápido ao Karaoke que estamoste todos esperandote". Eu, aínda que morto tras longa viaxe e despois de descubrir que ao abrir a porta da miña casa aquí non estaban nen Gloria nen Mario nen podía sentir a súa presenza, decidin sair na busca dun pouco de amizade e esquecemento. Foronse as penas e sentinme de novo acollido, outras xentes, outras maneiras, pero algo que merece tamén a pena. Ali estaban todos e máis, xa ben cocidiños como o polvo con cachelos, con ese ton vermello do picante. O sueco, subiase polas paredes e máis cando descubriu que lle trouxera unha camiseta do Depor, joé, a festa comezara de novo e alá foi ata as 8 da mañá, un sen parar, veña rianxeira para alí e para alá, veña con esa de "vai o gato metido nun saco" e demais cancións de emigrantes e mariñeiros. Acabamos a noite hedonísticamente, berrando un provocante Vivan as drogas brandas e viva Beba. Se xa o cantaban os nosos antepasados por algo será que forma parte xa da cultura mundial.

No hay comentarios.: